1000 Km Correndo Descalzo (barefoot running)

1000 Km Correndo Descalzo (barefoot running)

datos rexistrados en Strava
datos rexistrados en Strava

Hai máis de catro anos estaba dándolle voltas a cabeza a un asunto, de magnitude menor, como era que non me parecía normal desde ningún punto de vista o feito de que a metade das veces que saía a correr facíao tolerando e controlando algún tipo de dor ou molestia. Ademáis, sen correr, sempre estaba presente esta circunstancia afectando ao resto de actividades da vida. Unha actividade lúdica non podía afectarme de este xeito cando aínda non tiña nin corenta anos (tras uns 15 correndo de xeito regular).


Vaia por diante que respeto o xeito en que cada persona interpreta cómo debe afrontar a práctica deportiva.
Pero a miña estaba clara:

Correr durante moitos anos, se é posible toda a vida, de xeito saudable e sostible. Afortunadamente, creo, cedo descubrín que se disfrutaba máis correndo-moito que correndo-máis-rápido e o prezo a pagar en forma de tempo e saúde era moito menor.

E en estas estaba cando, probablemente buscando formas de mellorar a técnica de carreira para previr lesións, dei con xente que resulta que… corría descalza! Sempre!!, non só como ferramenta para adestrar de forma ocasional. Cando vexo algo que desafía a ortodoxia, eso non me causa rechazo, se non que me pregunto por qué!?. Qué sabe esa xente que eu non sei? Qué venden? Non é obxeto de este artigo, pero mesmo me pasou coa alimentación.

Lin algúns libros, algún deles que che fan cambiar a forma de entender a carreira a pe, experiencias personais de xente de todo o mundo, lin moitos artigos e referencias a estudos epidemiolóxicos, atopei unha comunidade da que aprender e na que compartir experiencias. Cheguei a conclusión de que iba a correr utilizando o equipamento de serie e aprendendo de novo a utilizalo. Esto traduciuse en meses de correr poucos quilómetros cada día e a ritmos moi suaves pero de xeito regular e constante. Non sempre corría descalzo, por suposto hai que ter sentidiño e ir adaptándose as circunstancias do entorno e propias facendo unha progresión a longo plazo, sabendo que haberá problemas e chanzos que superar nun camiño que cres vai na dirección correcta. Non é cuestión de fe, é cuestión de plantexarse as vantaxes e inconvintes da decisión tomada. Así, cheguei en 2014 a correr o Maratón de Coruña… en sandalias.

A razón de esta entrada no blog é que o pasado domingo corrín a XXXIX Carreira Popular Pedestre de Santiago e fíxena coincidir cos mil quilómetros correndo descalzo desde que os empecei a contar (en Strava). Son máis de 1000, pero só faltan unhas semanas de probas, saídas cortas, proba de sensacións,… Como digo, esta é a razón que utilizo como excusa para presentar por onde debín facer o 80% de esos 1000 quilómetros. O lugar polo que saio a correr descalzo, por onde, en esos días en que non che apetece adestrar pero si saír a trotar sentindo o chan, tes un lugar propicio.

É por aquí

beirarúas lisas
beirarúas lisas

Escasas, pero lixeiramente rugosas, moi suaves e case “acolchadas”. Se non me fixese sentir coma un hamster, estaría dando voltas nesta pequena plaza polo agradable que é para os pes.
beirarúas jodidas
beirarúas jodidas

Esos pequenos cadriños son o estándar, pero están tamén os pequenos círculiños que axudan as personas cegas a identificar cando están a chegar a un cruzamento. Son tan necesarios como insufribles para os meus pes.
Asfalto normal
Asfalto normal

Lixeiramente gastado, con fendas aquí e alí, a veces descarnado, outras sucio,…. Non é o que máis me gusta.
Paseo xunto a plaia
Paseo xunto a plaia

Teño uns tres quilómetros coma este da fotografía. Unha bendición ter un lugar liso, maiormente limpo, de cemento ou pedra a escoller e onde practicar sen temor. Gracias a este paseo puiden aprender a correr descalzo.
Outra do paseo
Outra do paseo

Hai que compartir o camiño con ciclistas e andariegos.
Asfalto "prime", con raia blanca: "LO MÁS" (en inverno).
Asfalto “prime”, con raia blanca: “LO MÁS” (en inverno).

Asfalto “esponxoso”, que mancha moito cos aceites e alquitráns (que non creo sexan saudables), pero que dan unha sensación agradable a non ser que estemos a máis de 25ºC, a partir de esta temperatura comeza a convertirse nunha plancha de cociña e comezas a intentar correr coma un equilibrista polas liñas blancas.

Cristais no chan
Cristais no chan

Os temidos cristais no chan! Certo, hai que andar con ollo onde pisas, e por eso non corro descalzo de noite pois non me sinto seguro. NUNCA me cortei con cristáis nin me “pinchei con xeringas“. Algunha vez pisei algún caracol, eso si.
me me me
me me me

Selfie.
Camiño de grava
Camiño de grava

Este tipo de camiños son a nova fronteira. Recoñezo que aínda non son capaz de correr de forma natural e relaxada como fan outras personas. Todo se andará (ou non).
barquito de pesca ao amencer
barquito de pesca ao amencer

Abaixo vese o camiño polo que corro, pero poño a foto para ilustrar a tranquilidade do lugar.
Paseo con pedra lisa
Paseo con pedra lisa

Na dereita o paseo está feito de pedra moi lisa, como mármol. Non é o mellor para min, notoa moi dura e no inverno enfría moito, o que non axuda a ter sensibilidade nos pes. Ademáis, se está mollada, resbala o pe.
Hijoputismo
Hijoputismo

Se ademáis ten grava solta…

Non busco correr descalzo porque si, non é un fin, se non que disfruto de poder escoller cómo correr, de ter esa liberdade. Cando alguén me pregunta ao respecto vexo que é habitual que pensen que igual que eles corren sempre con tal zapatilla, porque é a que lle vai ben (?), pensan que eu corro sempre descalzo. Eu corro descalzo, con estas sandalias ou con aquelas, coas de 5€ do decatlón, coas newbalance minimas, coas vivobarefoot de monte, coas merrell para os camiños, … co que me peta e sempre ao xeito do meu pe e do meu corpo.

Correrei máis ou menos, pero non creo que me bote fora de este camiño.

De aquí en outros 1000! 😀

2 pensamentos sobre “1000 Km Correndo Descalzo (barefoot running)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *