American Gods - Neil Gaiman

Título: American Gods (2001)

Autor: Neil Gaiman

American Gods

Coas referencias e premios recibidos por este traballo

  • Hugo Award for Best SF/Fantasy Novel
  • Bram Stoker Award for Best Horror Novel
  • Locus Award for Best Fantasy Novel
  • Nebula Award for Best Novel

non cabía menos que esperar o mellor dela e debo dicir que me resultou entretida e tamén interesante, pero a parte que máis me gustou foron dous contos case metidos con calzador que están marxinalmente implicados na trama principal, pois transmiten mellor o sentido máxico da obra e transportante realmente a esas realidades alternativas.

Non é un road book, mais os protagonistas non paran de moverse por EE.UU. para levar a cabo a súa misión: reclutar adeptos e apoios para unha guerra que se aproxima, unha tormenta de verdade, unha guerra entre os vellos e os novos deuses. Sombra, un home recén saído do cárcere, vese utilizado polo bando dos vellos en esta misión pero pouco a pouco o seu papel cobra protagonismo ate converterse en peza fundamental do número de máxia que se nos presenta.

En esta viaxe parecese que o autor deixa atrás situacións e personaxes dos que quererías saber máis, pero finalmente fía toda a historia dun xeito maxistral nun par de capítulos. Non só remata co argumento principal se non que fai confluír varias historias de xeito verosímil sen retorcer ou forzar ningunha situación. Entre os dous contos sinalados e a forma de rematar o libro xa me fixeron valorar altamente o mesmo. Non é doada tal cousa.

Durante o libro os diferentes protagonistas cóntannos cómo afrontan a súa situación sendo desplazados polos deuses modernos; cómo se sentían antes e sobre todo cómo eran considerados polos humanos, qué esperaban deles e cómo interactuaban. O autor describe o xeito en que nun inicio foron creados os deuses como unha necesidade, como producto dos humanos. Varias culturas diferentes que crean deuses a medida das súas situacións cotiás, materializándose finalmente como realidades cognoscibles.

Los dioses mueren. Y cuando mueren de verdad nadie los llora ni los recuerda. Las ideas son más difíciles de matar que las personas, pero también se pueden eliminar, en definitiva.

Entre certo hastío, resignación e cinismo móvense os protagonistas pero sempre co orgullo propio dun deus, unha chama que se resiste a morrer.

Citas

A continuación un par de citas extraíadas do libro.

AVISO/ACHTUNG/WARNING! Non son spoilers da historia propiamente ditos, e creo que merecen ser reseñados, aviso por se alguén non quere lelos. Son reflexións de algún dos personaxes:

Sobre a hipocresía e cómo nos protexemos (xustificamos) do mundo exterior…

Hay historias que son verídicas, en las que el relato de cada individuo es único y trágico, y lo peor de la tragedia es que ya la conocemos, y no podemos permitirnos el lujo de sentirla en profundidad. Fabricamos una concha en torno a ella igual que hacen las ostras con un molesto grano de arena, que cubren con capas de nácar para poder asimilarlo. Y de este modo andamos por la vida, un día sí y otro también, inmunes al dolor y a la pérdida ajenos. Si llegara a tocarnos nos convertiría en tullidos o en santos; pero la mayor parte de las veces no llega a tocarnos. No podemos permitirnos ese lujo.

… sobre enfrentarnos, sen poder eludilas, as nosas miserias no momento final

No siempre recordamos las cosas que no hablan bien de nosotros. Las justificamos, las cubrimos con vistosas mentiras o con el espeso polvo del olvido. Todas las cosas que Sombra había hecho a lo largo de su vida y de las que no se sentía orgulloso, todo aquello que desearía haber hecho de otro modo o no haber hecho se le vino encima como un torbellino de culpa, remordimiento y vergüenza, sin que pudiera eludirlo de ningún modo. Estaba desnudo y abierto en canal como un cadáver sobre una mesa de autopsias, y Anubis, el oscuro, el dios chacal, era el forense, el fiscal y el juez.

O libro é unha novela, unha invención, non unha tese sobre deuses, relixións, orixes do universo… Por si non estaba claro ;)