Beyond Training Book – Ben Greenfield

Beyond Training Book – Ben Greenfield

Título: Beyond Training Book (2013)
Autor: Ben Greenfield.

Portada na súa web

Sitio web do libro
Podcast do autor <--- un crack!, que non te engane palabrería inicial nin a publicidade, é coloquial e nada presuntuoso, pero vive de esto e hai que cultivar o personaxe.
Na twitter

O mellor que podo facer é invitarte a ler na súa web o último capítulo do libro.

Aquí algunhas opinións sobre o libro. O meu carácter impídeme ser tan entusiasta e emocionarme como esa xente, pero con todo pareceume un libro que aborda un gran número de aspectos relacionados coa saúde e o deporte sendo moi coidadoso en deixar claro que si buscas beneficios a medio ou longo plazo (como debería facer o 99% da xente) estar sano é a prioridade #1. Non hai prioridade #2.

Para ser un libro que poderiamos catalogar como guía ou referencia para ter un estilo de vida orientado ao fomento da saúde e un moderado ou alto nivel de actividade física, a pesar de esto, de buscar maximizar o rendemento, sempre establece os fundamentos de esta actividade nun adecuado nivel de recuperación e descanso (diche cómo saber si realmente recuperas de un adestramento) e alimentación orientada ao tipo de actividade que se realiza. Comerás alimentos de verdade (real food) como pilar no que basar a alimentación e tomar suplementos que optimicen e maximicen a eficacia do adestramento ou actividade diaria. Esta parte da suplementación salteina case enteira. Paréceme un pouco incongruente e non aplicable SI ESTÁS ATENTO E ERES SINCERO vixiando a recuperanción e o descanso así como atender ao signos de fatiga, sistema inmune disminuido, falta de sono e atención, problemas intestinales, disminución do desexo sexual, falta de concentración, etc. que tan ben explica no libro. Quero dicir, que tomando esos “suplementos” é probable que recupere máis rápido e faga menos dano ao corpo co nivel de actividade dado. A outra opción é… baixar o nivel de actividade, descansar máis e comer máis e mellor. Como sempre é cuestión de prioridades e estas poden cambiar. Quizáis un ano pretendes facer marca personal nun Ironman e arriscas conscientemente a túa saúde. Está ben, é a túa responsabilidade.


Si te preguntas qué come
, a resposta é un pouco decepcionante. Non porque coma pouco ou cousas raras, se non porque case non lle da importancia ao placer de comer, non lle importa comer sempre o mesmo se eso que come é o que necesita o corpo. Moito smoothie, bulletproof coffee, beetroot de la vida, coconut oil, fish oil, MCT, etc. Non estigmatiza os HC (hidratos de carbono) pero explica por qué non é recomendable telos como o macronutrinte principal (niveles de inflamación, pobre eficiencia enerxética, desequilibrios hormonales, estrés, etc) se non como o complemento necesario para graxas (healthy fats) e proteínas.

Dedica capítulos enteiros a cuestións como manexar o estrés, a importancia para a vida e o deporte de poder estar “a cen” e tamén “saber desenchufarse”; a importancia de durmir abondo e ben, cómo é o período máis anabólico do día e cómo non debemos sabotealo; a recuperación do adestramento e non acabar queimado (over training syndrome); o papel que xoga o cerebro na fatiga e recuperación; a importancia (ligada a alimentación) do sistema dixestivo: cómo funciona, cómo o danamos ou axudamos, a conexión física a nivel do sistema nervioso entre o aparato dixestivo e o cerebro; o corazón, tamén conectado ao cerebro de xeito minucioso; o nervio vago, ese que cablea as funcións automáticas e tan sensible ao equilibrio xeral do corpo; … e un sin fín de cousas máis. Sería interminable.

Un patrón que veño observando é a importancia, como corredor ou endurance athlete en xeral, de facer exercicios orientados a ser máis forte. Non a estar musculado, se non a poder realizar as tarefas ou exercicios con maior eficiencia e menor fatiga. Como corredores, un dos maiores pecados que cometemos e deixar de lado este aspecto. Centrámonos en acumular quilómetros, a maioría das veces a ritmos que non son os adecuados para aumentar a resistencia nin a velocidade (o buraco negro que leva ao sobreadestramento e ao estrés), en lugar de atender ao conxunto de habilidade necesarias: equilibrio, forza, resistencia, mobilidade,etc. Como digo, este libro non é unha excepción a regla que TODOS os adestradores de deportes de resistencia están intentando facer viral: se forte!, lesionaraste menos e serás máis eficiente. Hai varios capítulos dedicados a este aspecto e cómo se pode adestrar para deportes de resistencia con moitas menos horas a semana das que pensamos pero sendo moi específicos no tipo de estímulo para o noso corpo.

Sigo o seu podcast porque fala con moita xente con diferentes puntos de vista. No seu canal de youtube podes facerte unha idea sobre o tipo de actividades de Ben. Ademáis, ten o respeto de personas que eu respeto.

Coñeces a Ben Greenfield? qué opinas del ou dos seus libros/blog/podcast/conferencias/biohackings/… Podes deixar a túa opinión na caixa de texto de máis abaixo e tamén compartir esta reseña nas túas redes sociais utilizando as seguintes iconas.

Comentarios pechados.