Divergente – Veronica Roth

Divergente – Veronica Roth

Título: Divergente (2011)
Autor: Veronica Roth

portada
portada na web da autora

Unha novela sobre a iniciación á vida de uns mozos de dezaseis anos e escrita para que a lea a rapazada de trece.

A sociedade, despóis de algún tipo de guerra ou desastre que propiciou unha crise global, organízase de xeito que a xente se agrupa en cinco faccións, cada unha delas con unha motivación ou disposición social diferente. Uns encárganse do I+D+I, outros da seguridade, outros da xestión política, etc.

A naturaleza humana fai que xurda o conflicto. Inevitable entón que haxa zonas grises e que non todo o mundo teña claro cal é o seu lugar no mundo. Válgame!

Disfrácese como proceda, póñanse vampiros e lobisomes, tribus ou pandillas (non razas), pero non hai máis. Reclúase a rapaza nun templo oriental cheo de ninjas, nun centro dos Navy Seals, ou nun orfarinato. Da igual.

Pero, se cadra, igual son eu que non entendín nada sobre a maxia que encerra. Difícilmente lerei a segunda e terceira partes da serie, pois sobran historias de estas pero escritas con algo máis de sustancia, menos evidentes. Ou ao mellor as novelas van medrando igual que os personaxes. Non sei. Esta novela é moi simple en tódolos aspectos, e quizáis me está quedando unha opinión demasiado crítica, pero ten a vantaxe de que non require esforzo para ser lida. Podes ler cinco minutos, ser interrumpido, retomar a lectura dentro de vinte e sen perder o fío. A veces resulta útil.

Resulta, e eu non o sabía, que ademáis hai unha película!! Medo me da.

Se cres que non entendí nada, por favor, deixame un comentario no cadro de abaixo explicándome eso que me perdín. Se ademáis cres que esta novela merece maior difusión, podes utilizar as iconas de redes sociais que están a continuación.

Comentarios pechados.