El enano. Pär Lagerkvist

Título:_ El enano_ (1944) Autor: Pär Lagerkvist [caption width=”263” align=”aligncenter”] portada[/caption]

Leemos a novela en forma de diario personal de un anano cabrón que está ao servizo dun príncipe italiano. Está redactado a xeito de diario, lemos sempre en presente os sucesos narrados, e facemolo a través da opinión do anano. Porque se algo transmite o libro é que o importante é el, que el todo lo sabe e xa cho dicía eu e se non fose por min esta empresa ía ao tacho

Polo relato imos poñendo o contexto no que discurre a vida do anano. Podémonos situar na baixa idade media, en período de rivalidades rexionáis entre señores feudáis e no que o Renacemento é un feito.

Fai un perfil sicolóxico e retrato ao seu señor, a súa dona, os fillos, os señores riváis, artístas, o populacho, … describe as costumes da corte, o que se espera de cada personaxe, cómo se vive na corte, cómo son os castelos e as vilas, cómo se practica a guerra, … e sempre calificando, normalmente con desprezo e e altivez, desde a sua posición de superioridade moral ante calquer aspecto que relate.

Un filósofo en toda regla

Es difícil comprender a un ser humano que no se odia; uno se halla ante él desarmado, sin nada para ponerlo al descubierto.

O pobre é ignorado e utilizado, pero da ao rabo como un cadeliño cando obtén a mínima atención por parte do seu amo. Máis non deixa de sertirse protagonista en ningún momento.