El hombre en el castillo – Philip K. Dick

El hombre en el castillo – Philip K. Dick

Título: El hombre en el castillo (The man in the high castle, 1962)
Autor: Philip K. Dick


By Source (WP:NFCC#4), Fair use, Link

Unha novela dispersa, onde na miña opinión só se salva, como personaxe, o Sr. Tagomi.

Hai moitos anos intentei ler unha tradución espantosa de Do Androids Dream of Electric Sheep?, e quedoume tal regusto amargo de este autor que nunca tiven gran interese no seu traballo. Esta tradución (ao español) tampouco me pareceu marabillosa, pero deixase ler a pesar de certas expresións moi mal resoltas.

Aquí partimos da premisa de que as potencias do Eixe gañaron a WW II, e dividiron o planeta en varias áreas de influencia (dominación). A historia acontece nos EE.UU. divididos uns cuantos anos despois da guerra, coa economía recuperada pero aínda baixo as consecuencias políticas de aquel período.

Créeme, ningún país es mejor que sus gobernantes. Führerprinzip, principio del liderazgo, como dicen los nazis, y con razón.

Hai unha serie de subtramas na novela, máis ligadas a nivel conceptual ou simbólico que a efectos narrativos, que nos dibuxan un mundo dominado de facto pola Alemaña Nazi e no que as consecuencias das loitas intestinas dentro do réxime (SD vs. Gestapo) ameazan con ter consecuencias definitivas para o resto do mundo.

Pero esto no basta, no hay espiritualidad. No es que los británicos la tengan. Los dos países son potencias plutocráticas, gobernadas por ricos. Si hubiesen ganado, no hubieran tenido otra preocupación que ganar más dinero, esa clase superior.

Máis aló de presentar o conflicto moral ao que se enfrentan uns funcionarios con información relevante que sobrepasa o seu nivel de responsabilidade, así como o xeito en que son enfrontados os problemas a través da filosofía oriental (o seu xeito de ver o mundo)… non lle vin outro interese a novela. Esto que digo non sería un mérito menor se non fose porque non me gusta o estilo, a forma de narrar o conflicto, nin os diálogos entre personaxes. Como digo, na miña opinión, só salvan certos pasaxes do Sr. Tagomi (un funcionario xaponés) reflexionando sobre a responsabilidade moral, o deber para con quen está a servir, e cómo soportar esa carga; e moi ao final algún do Sr. Childan (un anticuario) sobre o valor que se lle da as cousas, cómo este é totalmente subxetivo e depende de cualidades culturáis.

No te pares; la catarsis del movimiento.

Que as tramas queden aparentemente inconclusas non é un problema si cumplen coa súa función alegórica respecto do argumento xeral, pero non estou seguro de que así sexa.

Si te preguntas si ten algo que ver coa serie de televisión… si, algo ten que ver en canto ao marco xeral político, o nome de algún personaxe, e pouco máis. O argumento practicamente non ten nada que ver e o carácter e personalidade dos protagonistas tamén defiren bastante.

Sobre a novela na wikipedia

Viches a serie-tv e leches a novela? Qué prefires en este caso? Eu a serie, que polo menos non hai que pensar tanto 😛
Deixa a túa opinión no cadro de máis abaixo e comparte esta reseña utilizando as iconas situadas a continuación.

Grazas por ler!

Comentarios pechados.