En busca del unicornio

**Título: **En busca del unicornio (Premio Planeta 1987). **Autor: **Juan Eslava Galán [caption width=”328” align=”aligncenter”]Portada Portada[/caption] Hai libros que se escriben por encargo (incluso é probable que este entre nesa categoría) e outros que se leen por encargo, e así foi no meu caso, pois é o libro do mes no clube de lectura de @zonaereader.

Cando as vinte primeiras páxinas dun libro se me atragoan, non as entendo e teño que ler un par de veces cada frase para comprender o que o escritor pretende dicirme, entón, éntrame a dúbida de si debo seguir con ese esforzo e continuar lendo. Visto con perspectiva, esa sensación inicial probablemente se debía ao estilo escollido para contar a historia xunto coas miñas limitacións intelectuais.

O autor narra en primeira persona, a xeito de crónica, o acontecido anos atrás durante unha misión encargada polo rei Enrique IV de Castela: ir ao país dos negros _e traer o corno dun unicornio. O estilo axuda a meterte na historia, recurre a el como marco decorativo que apela a nosa herencia cultural para que demos por feito que é un libro escrito de puño e letra por Juan de Olid que fose atopado nunha biblioteca de algún monasterio. Juan de Olid é o nome do protagonista, servidor dun Condestable da súa maxestade, escollido para tal misión. O autor escribe co estilo e formas que se supón que se empregaba a finais do século XV que é cando se desenvolve a trama. Esta é unha época moi interesante na historia da exploración xeográfica e o autor trata de irnos introducindo nos lugares polos que transita o protagonista a través da mirada deste. Un bo exercicio de abstracción e estilo xa que disfrutamos da vantaxe de estar ao tanto de acontecementos futuros na historia así como do pasmo que mostra Juan de Olid ante cousas que son “_maravilla de ver”.

A novela é un libro de viaxes nun amplo sentido pois transpórtanos físicamente a través de África e temporalmente ate o século XV. Esta viaxe no tempo é necesaria para ler o libro cunha mentalidade aberta e non tomar ao pe da letra descripcións e afirmacións que nel atopamos. Sería moi polémico que a fináis do século XX fixese tales comentarios pero hai que tomalos no contexto en que se fan. Non xulgo as motivacións reais do autor, pois non é el quen escribe, se non Juan de Olid.

Atopamos neste libro referentes comúns a este tipo de libros como son a exaltación da amizade en situacións de perigo, a necesidade de confiar nos compañeiros, a perda do sentimento de pertenza a un lugar, a forza que che da a obliga de cumplir a túa misión, o teu destino, cumplir coa palabra dada para seguir así no camiño deixando atrás “cousas” queridas,… Juan de Olid acaba resultando enternecedor e digno de compasión polo xeito en que ves como perde as forzas e a ilusión a base de levar paus, e só o desexo de agradar ao seu Rei o vantén vivo. O “conto da leiteira” a modo de ensoñación que a cada pouco o abrangue vaise facendo cada vez máis corto e cada vez máis modesto para acabar esvaecéndose. Os capítulos fináis do libro están moi ben fiados coa política e a historia que todos coñecemos e aporta un nexo que dota de verosimilitude a novela facéndo aínda máis reais aos personaxes. Este truco, trampa, recurso, é tan vello como eficaz, non lle reprocho nada ao autor por esto. A satisfacción de lelo supera con moito o esforzo e incomodidade inicial, en caso de darse.