Estudio en escarlata – Arthur C. Doyle

Estudio en escarlata – Arthur C. Doyle

Título: Estudio en escarlata (1887)
Autor: Arthur Conan Doyle


De David Henry Friston – Transferido desde en.wikipedia a Commons., Dominio público, Enlace

Probablemente xa sabes que é a novela na que son presentados o Dr. Watson e o Sr. Holmes. Sherlock Holmes é requerido para axudar a resolver un crime que os mellores inspectores de Scotland Yard non saben nin cómo empezar a investigar.

A historia do crime antedito está separada en dúas partes na novela. A xeito de separador actúa un amplo capítulo situado no pasado onde se narra nun estilo moi diferente ao resto da novela a historia que víctima e asasino comparten. Está así contada porque Sherlock Holmes non sabe dela, non a precisa para resolver o crime, só sabe que algo no pasado desencadeou os feitos para ser analizados pola capacidade de observación minuciosa e razonamento lóxico imperturbable do Sr. Holmes.

Tras a presentación dos devantidos protagonistas, os inspectores, os secundarios que actúan a xeito de comodín e pe para xiros na historia, figurantes que dotan de contexto a novela, etc. aparecen as víctimas e os sospeitosos. Holmes acompañado de Watson acude a escena do crime e por métodos xa descritos descobre ao asesino. Tras resolver o crime, simplemente irá tirando dos fíos que confirmen a súa teoría. Esos fíos, evidentes e consecuencia de feitos que constrúen un relato perfectamente lóxico para el, están porén enleados con nós irresolubles para os demáis.

Creo que é comprensible o éxito da novela e dos personaxes no seu tempo. É unha novela de aventuras, un relato áxil, que non se recrea en si mesmo (como sería doado facer) se non que avanza no argumento a grandes pasos pero sempre aportando esas pequenas pílulas de información que axudan a traballar a imaxinación do lector.

Tras ler esta novela creo que teño incluso mellor opinión sobre a serie de televisión Sherlock. Admito que Sherlock Holmes paréceme un personaxe excesivo, case sobreactuado, pero na novela tamén! Pequenos xestos, detalles, tamén están perfectamente caracterizados na serie incluso ao ser trasladados a un escenario contemporáneo. Esta novela ten o seu correspondente na serie, pero varias pasaxes ou claves da mesma son utilizados en outros episodios con lixeiras variantes.


http://www.sherlockology.com/

Disfrutaches de esta novela? Cres que debo seguir lendo máis? Eu creo que si!, aínda non coñezo a Moriarty 😀
A serie de televisión gustoume moito, qué opinas sobre como traduciron unha novela do século XIX a época contemporánea?

Podes deixar a túa opinión na caixa de texto de máis abaixo e compartir esta reseña utilizando as iconas de redes sociáis. Grazas!

Comentarios pechados.