Fahrenheit 451

Título: Fahrenheit 451 (1953) Autor: Ray Bradbury

[caption id=”” align=”aligncenter” width=”160”] Portada[/caption]

Non acontece a miúdo que esperas demasiado dun libro? Non é doado estar a altura da túa fama. Menuda vertixe deben sentir os creadores ao publicar unha nova obra!

Este libro trata sobre unha metamorfose e tamén sobre un espertar, e vivimos tales experiencias desde o punto de vista do protagonista. Vivimos con el esa experiencia, sentímonos revoltos no noso interior ao compartir cómo de súpeto o protagonista ve cómo todas as referencias do mundo en que vive se veñen abaixo,** todo deixa de ter sentido.** Éste sentimento leva xermolando no seu interior desde hai tempo, quizáis desde pequeno, pero certos acontecementos actúan como catalizador para facelos agromar.

Os libros son tratados como obxetos subversivos, perigosos para a orde establecida, elementos a eliminar de xeito inmediato e expeditivo. O protagonista traballa precisamente como “bombeiro” prendéndolle lume aos libros ate que empeza a facerse preguntas incómodas a si mesmo. Precisamente o obxetivo último da prohibición de que existan libros, xa non que sexan lidos, é evitar este tipo de sucesos. Pretendese unha sociedade ignorante, sumisa e sumida na idiocia.

Si no quieres que un hombre se sienta políticamente desgraciado, no le enseñes dos aspectos de una misma cuestión, para preocuparle; enséñale sólo uno o, mejor aún, no le des ninguno. Haz que olvide que existe una cosa llamada guerra. Si el Gobierno es poco eficiente, excesivamente intelectual o aficionado a aumentar los impuestos, mejor es que sea todo eso que no que la gente se preocupe por ello. Tranquilidad, Montag. Dale a la gente concursos que puedan ganar recordando la letra de las canciones más populares, o los nombres de las capitales de Estado, o cuánto maíz produjo Iowa el año pasado. Atibórralos de datos no combustibles, lánzales encima tantos «hechos» que se sientan abrumados, pero totalmente al día en cuanto a información. Entonces, tendrán la sensación de que piensan, tendrán la impresión de que se mueven sin moverse. Y serán felices, porque los hechos de esta naturaleza no cambian. No les des ninguna materia delicada como Filosofía o Sociología para que empiecen a atar cabos. Por ese camino se encuentra la melancolía.

Nada se dí a cerca das élites dominantes, ou os dirixentes do país a parte do criterio para votar a un candidato as eleccións que é estremecedoramente realista, pero intúese unha autoridade consciente do plan executado e que non só actúan por automatismos.

O libro en sí lese con interese crecente pois o ritmo vai en aumento e os acontecementos precipítanse ate un final optimista e emotivo que deixa unha esperanza, unha misión a cumplir.

Como acontece con 1984 (G.Orwel) resulta inquietante que libros escritos hai moitas décadas describan con precisión comportamentos sociais posteriores (e actuais). Pode que se trate de profecias autocumplidas, que vexamos nelas o que queremos ver, pero non deixan de inquietarte por eso.

O libro non é moi “gordo” e como digo ten ritmo e deixase ler ben, así que é unha lectura recomendable para cando_ non sabes qué ler_. Este mereceo.

Episodio en Videodrome, Radio3