Game of Thrones S02

Game of Thrones S02

Hai uns días que foi emitido en España o último capítulo (10) da segunda temporada da serie Game of Thrones (Xogo de Tronos).

Non escribín nada a cerca desta serie antes de que rematase para obter unha visión de conxunto, pero o problema que teño é que, a pesar de estar presente na emisión de tódolos capítulos, non sei se realmente a vin. Explícome.

Durante a emisión da primeira temporada eu coñecía os libros, pero aínda non os lera, polo que prestaba atención a trama e aos personaxes e tódolos xiros da historia parecíanme sorprendentes ainda que a veces incompresibles. Tras ver esa primeira temporada púxenme a ler os libros e parei ao finalizar os dous volumes de Tormenta de espadas.
Polo tanto coñezo os (extensos) libros e coñezo as múltiples liñas do argumento. Se os libros son revirados (máis pola cantidade de personaxes e lugares que pola simpleza dos acontecementos) o concentrado deste material en episodios de televisión debe de ser unha tarefa difícil onde resulta imprescindible separar o accesorio do fundamental para guíar ao televidente, evitar o zapin, e atrapalo diante da televisión cada semana.

Dito esto, nesta segunda temporada asistín a un concentrado da historia con atallos incribles que me provocaban un WTF! cada cinco minutos.

Nada de spoilers aquí, pero de repente aparecen fillos, atribución multitarefa a certos personaxes (fan cousas que corresponden a outros no libro), saltos argumentais que realmente fanme preguntar se alguén que non lese os libros se entera de algo ou simplemente se deixa levar polo frenesí de acontecementos.

O coñecer, ou supoñer, o que vai a acontecer quítalle un pouco de emoción ao asunto pero permíteche fixarte en cousas accesorias que de outro xeito soen pasar desapercibidas (polo menos a min). Sobre todo no aspecto da ambientación dos escenarios, as paisaxes, a roupa, estandartes, os castelos, … e con todo eso supoño que tamén deixas de prestar atención a historia, por eso dicía o de que non sei realmente vin a serie.

Por suposto merece a pena vela (ademáis de internet creo que España vai ser emitida a S01 este verán en aberto en Antena3), pero moito máis os libros. Pero esto pódeselle aplicar a todos os (bos) libros.

Non quero rematar sen destacar o gran traballo de producción, mostrar a miña comprensión cos guionistas e sobre a historia dicir que esta temporada remata nun punto onde non podes máis que sentir esto

por ese Rob Stark.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *