Memorias dun neno labrego – Xosé Neira Vilas

Memorias dun neno labrego – Xosé Neira Vilas

Título: Memorias dun neno labrego (1961)
Autor: Xosé Neira Vilas

Portada 60º aniversario
Portada 60º aniversario

Meu pai pertence a unha xeración posterior a Neira Vilas, pero varias das historias que nos conta Balbino semellan vividas por el, así que as leo, pero xa sei qué me está contando Balbino e coñezo tamén o subtexto implícito. Son historias compartidas por ser descrición de unha época, de unhas relacións sociais entre posuidores da terra e quen a traballaba; do estatus do clero; a economía de subsistencia na aldea e de como quen podía emigraba dirección a un futuro mellor. Ou polo menos un futoro con oportunidades, que era o que Balbino non vía para si.

A edición que lin trae un prefacio interesante, laudatorio en exceso como me parecen todos, pero do que quero poñer aquí uns extractos pois axudan a comprensión e relevancia da obra.

Os resaltados, onde aparecen, son meus.

Para miles de lectores —culturalizados noutro idioma e na
autosubestimación lingüística— foi unha revelación, unha
«revolucionaria» revelación: xa lido o fermoso relato, centos e centos
de persoas da xente do común descubriron que con dúas realidades
desestimadas —a lingua galega e a aldea— podía construírse un relato
que xeraba nos lectores, ademais de emoción, clara conciencia de
dignidade.

Con respecto ao pan de millo (boroa) e o postureo actual

Os fillos dos Balbinos, se hoxe son médicos ou avogados, cando, por espírito folclórico, queren, algún día, xantar con boroa,
encárgana nun restaurante fino da cidade. Os fillos destes médicos, os
escolares de hoxe, non saben o dramatismo das páxinas das Memorias
—tres polo menos— en que aparece, protagonizándoas, o termo pantrigo,
aquel cobizado manxar de 1940.

Cantas veces me ten contado meu pai o do pan de millo nunha cunca cun auga rara de caldo. A dieta básica.

Xa na novela

vemos mostras de costumbrismo que chegaron a hoxe

Era Pachín, o can.

Non haberá un recopilatorio de nomes de can galegos?

os beatos/as, que xa daquela merecían destaque como tales na novela e que non por casualidade son resaltados como unha anormalidade, na miña opinión, pois non todo o mundo era “tan cristiano” senón que como hoxe, coma sempre, a maioría da xente cre o que quere crer e respeta o que cren ou deixan de crer os outros. O problema é cando alguén se emperra en que todos creamos o que eles cren e ademáis tes que facer demostración pública. Sexa a creencia que sexa, máis no contexto que nos atingue falamos dos rectos cristianos.

Teus pais son boa xente pero andan moi apegados á cera

Balbino é tamén crítico con este sentimento dentro da propia familia.

E tamén coa hipocresía

A xente por dentro debe andar triste ou leda por outras cousas, pero
non cando llo manda o almanaque.

non era Balbino moi amigo da xente que aparenta o que non é, como rapaz sentíase confundido por non dominar os artes do comportamento social e as súas servidumes.

Por fin moscou o gando.

Tradución: erguíaste aínda de noite; comías algo que quedase da noite anterior, se quedara algo; collías as vacas e tirabas para o monte para que pacesen nos arrós. Ate que, xa co sol alto e calor, viñan as moscas e podías levar a vacas de volta. As vacas non son amigas das moscas, nespras, abellóns,…

Quizáis estou poñendo demasiados párrafos do libro. Pero, en san Xoán…

Aquela tarde —primeira vez que me deixaban ir— deprendín para sempre a escoller as plantas sacras: estalotes, herba de Santa María, faísca
verde, follas de castiñeiro e de bieiteiro, ponlas de oliva, codesos,
follas de loureiro, trobiscos, ponlas de nogueira, rosas de nabo e de
romeu…

con refrán incluído

Sálvame lume da San Xoán. Que non me morda nin cobra nin can.

En conclusión

E a min dóeme. Dóeme que a xente ande polo mundo como andan as vacas e os burros: procurando soamente o pesebre.

Balbino.

Si che resultou interesante podes compartir esta reseña utilizando os botóns da parte inferior. Se queres facer algún comentario ao respecto utiliza o formulario de máis abaixo. Gracias 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *