O diario de Ana Frank - Ana Frank

Título: O diario de Ana Frank (1947) Autor: Ana Frank [caption width=”75” align=”aligncenter”] portada ed. Kalandraka (2004)[/caption] Ana utiliza o seu diario para dicir todo o que non pode ou se atreve a dicir aos seus compañeiros de prisión. Fálalle ao diario en primeira persona establecendo unha relación con unha amiga que non pode ter. Ana está engaiolada nun piso oculto ao mundo nun Amsterdam baixo a ocupación do rexime Nazi durante a WW II. A súa condición de xudeos é a causa de dito encerro.

O primeiro que chama atención é que unha rapaza de 13/14 anos escriba así. Aínda que hai versións editadas para unha máis fácil comprensión (para a rapazada) esta que lin di estar moi próxima ao orixinal do diario da propia Ana. Non me chaman a atención os temas que trata ou cómo se sinte, pero ser capaz de poñelo por escrito de xeito ordenado, plasmar conceptos e construccións mentáis de forma intelixible para o lector é un traballo que require esforzo e talento, como sabe calquera que o intente. Pois esta rapaza fixoo e tráeme a pregunta de qué tipo de educación recibimos hoxe en día. Debería preguntarlle aos mestres de secundaria cántos dos seus alumnos poderían escribir así.

Quizáis Ana era unha persona de talento excepcional e non a regla, polo que neste aspecto no se deberían extraer conclusións interesadas que confirmen a miña teoría. Que é…

Ana pertencía a unha familia que podía proporcionarlle a mellor educación posible, non era a norma en este aspecto. Sen ser millonarios, si formaban parte dunha elite económica que se podía permitir unha educación de nivel superior para os seus fillos. O cal me leva a reflexionar, nos tempos que corren, qué oportunidades se lle rouban aos rapaces con pais que non poden permitirse pagarlle unha boa escola aos fillos. Non debería dicir “se lle rouban”, de forma impersonal, se non “lle rouban”, sendo “eles” os **poderes políticos e económicos que impulsan unhas reformas educativas e económicas que impiden de facto as oportunidades **para que unha persona desenvolva as súas cualidades independentemente do seu nivel de riqueza. Veña, dito queda.

A Ana que comeza a escribir o diario aínda é libre, unha nena libre sen máis preocupacións que a vida social na escola. Mais pronto é encerrada xunto a súa familia e outra familia xudea nun piso oculto co ánimo de que a guerra remate e poidan continuar a súa vida anterior. A convivencia é difícil e require unha disciplina militar para non caer tolos e non acabar a paus uns cos outros. Calquera o pode entender, vese obligada a compartir un espazo reducido onde a intimidade só pode ser interior. As relacións en este aspecto varían, teñen temporadas mellores con outras nas que flaquean as forzas. Imaxina agora a Ana que ten trece anos e un ansia de vivir, un caracter expansivo nada retraído, unha mente adolescente que ferve ao empezar a comprender o seu lugar no mundo, que empeza a facerse preguntas, a facer plans de futuro nun presente limitado e cohartado polas circunstancias que lle tocan vivir. Dentro do seu espíritu determinado e forte sofre os vaivéns propios da súa idade. Comeza sendo unha nena inocente; experimenta sentimentos de culpa por estar viva (non coma outros xudéos); rabia contida (ou non) por non ser tomada en serio; incomprensión ante a súa actitude cos outros presos; problemas para conxugar cómo se mostra cos demáis co que realmente sinte e pensa,… e o medo a ser descubertos, unha sombra constante.

E non se trata de unha novela. O contexto é real e o que conta Ana tamén. Este realismo dalle máis forza aínda ao relato xunto co brusco final.