Pinterest

Desde hai un tempo cada vez abunda esta pequena icona por todos lados icona Pinterest

Personalmente dame moita preguiza meterme en outra rede social, xa non por estar “atrapado” en outra rede, se non polo período de aprendizaxe que trae consigo. Pode que esa pérdida de tempo pague a pena, ou non ….

Aquí unhas ligazóns onde se explica o que é e cómo utilizar Pinterest

http://www.que.es/tecnologia/201203071247-como-utilizar-pinterest-manual-basico-cont.html http://myspace.wihe.net/pinterest/ http://www.consumer.es/web/es/tecnologia/internet/2012/12/10/214616.php

Como todas as “redes sociais de internet” semella que viven de crear un perfil de usuario do xeito máis eficaz posible: que o propio usuario se defina a través dos seus intereses. Canto máis a uses durante un tempo suficientemente longo, máis preciso será ese perfil. ** Esto sí que é espirse en internet e non publicar unhas fotos do novo tatú no cú.** Entre tanta rede social, cos datos en mans de empresas privadas con intereses privados, pero a disposición de gobernos poderosos que llos reclaman para uso sen consentimento dos usuarios e para intereses que non son públicos nin lexítimos… o striptease é completo.

Esto simplemente é para lembrar que non hai nada gratis, pagamos servizos con un striptease… y lo que surja.