¿Por qué é importante a forma de correr?

Correr é unha habilidade natural, como andar. Pero correr non é andar “máis rápido”. A xente que empeza a correr parece que o facemos correndo dun xeito como desganado, achaparrados, encollidos, non vaia a ser que nos desfagamos en anacos por ir máis rápido[ironic].

Non porei aquí un vídeo ilustrando tal situación, creo que esas imaxes de xente agonizando, arrastrándose e afogando nun mar de sudor baixo un chándal de felpa son suficientemente evocativas. Así calquera acaba desistinto, non semellan disfrutar, hai que empezar moi pouco a pouco.

En parte é por medo pero sobre todo por un asunto fundamental: un corpo** sedentario e con certo grao de sobrepeso (habitual nas sociedades occidentais) non ten a musculatura, ligamentos e osos coa forza e elasticidade necesarias para correr, e ademáis o seu sistema de aproveitar o osíxeno que respiramos tampouco está adaptado. Esto solucionase con tempo e paciencia.** Sobre todo paciencia. E refírome a un ano vista, non cinco ou seis semanas.

Todo o que se escribe e lee sobre a técnica de carreira (sobre que sexa eficiente, permita ir rápido e saludable) está moi ben, pero a técnica adquírese practicando e** ter unha boa técnica é realmente útil cando xa esgotaches as forzas e corres por instinto. Cando non tes forza entón a cabeza tamén lle costa manter a concentración (para correr ben e manter a técnica), sin embargo se tes a técnica interiorizada como parte de ti entón **cando xa non che funciona a cabeza podes confiar en estar sendo eficiente.

Esta é a resposta a pregunta do título

Terás pouca forza, pero usarala ben. Serás eficiente e correrás de xeito saludable.

E isto serve para un maratoniano a partir do quilómetro 35 e para un runner ocasional cando leva dez minutos trotando. Eu son un corredor aficionado, disfruto da parte lúdica do asunto e so compito conmigo mesmo, polo que se tes aspiracións competitivas (de calquer nivel)_ busca consello nun profesional. _Pero para a xente común permitome recomendar que perdan unha hora vendo vídeos en internet a cerca de técnica de carreira. Verán que os erros máis comúns que todos cometemos son principalmente

  • unha postura incorrecta (encollidos e inclinados hacia adiante ou atrás)

  • golpear o chan co talón (heel strike)

  • tentar facer zancadas demasiado longas (overstriding)

Hai técnicas con diferentes nomes que propoñen diferentes (en apariencia) solucións. Pero todas teñen en común:

  • espalda recta e cabeza erguida mirando ao frente. O conxunto estará aliñado ainda que con certo grao de inclinación hacia adiante.

  • zancadas cortas e aumentar a frecuencia, pero sobre todo cortas mentras non tes o nivel para ampliala

  • “aterrizar” sobre a parte media-dianteira do pe. Só rozar co talón.

Con respecto ao último punto parece que as marcas fabricantes de zapatillas son amplamente responsables de moitos problemas. Xa escribín a cerca de esto cando falei da técnica minimalista (outro nome para o mesmo concepto) ou o barefoot nos libros que leín ao respecto (buscar na dereita).

O seguinte vídeo resume bastante ben o que quero dicir sobre cómo hai que correr.

**Running With Eric: Run Drills and Technique ** [youtube=http://youtu.be/XaYQwq6TnXY]

e outro que incide sobre o mesmo concepto [youtube=http://youtu.be/zSIDRHUWlVo]

estas cousas non se aprenden en quince días, pero o importante é o concepto :D

see ya!!