Rompecabezas – Laura Rivas Arranz

Rompecabezas – Laura Rivas Arranz

Título: Rompecabezas (2013)
Autor: Laura Rivas Arranz

Portada

É posible que este libro me pillase a min con un barullo na cabeza, con moito ruido de cousas dando voltas, pero ao sentarme e lelo todo eso desaparecía. Quizáis porque ao ler as vivencias da infancia que narran os protagonistas fose transportado no tempo ate aqueles anos, deixando atrás as ocupacións do presente. Pero o silencio facíase presente.

O libro transcorre hoxe, nas casas dos protagonistas, e ante unha caixa de fotografías no día do cumpleanos de unha delas. Estas fotografías actúan como resortes que traen aqueles momentos pasados a memoria e sérvenlle a autora para guiarnos nas vidas de estos rapaces e para fíar a historia.
No tempo presente cada un afronta unha situación vital que ven marcada por aqueles tempos pasados, xa sexa por cómo se forxou o seu carácter ou ben por decisións tomadas.

O título do libro quizáis hai que tomalo no sentido literal da palabra composta 😛 polas situacións anímicas que teñen que vivir os protagonistas.

Desexos de liberdade, confianza nun mesmo, perseguir os soños, existencialismo, autoafirmación, realización personal… son sentimentos e forzas exploradas grazas a esta historia.

Unha idea sobre “Rompecabezas – Laura Rivas Arranz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *