Test 1. Media Maratón.

A tres semanas para participar na Maratón do Miño hoxe tocaba facer unha Media Maratón a ritmo de competición. Como non había ningunha prevista que estivese preto pois fíxena no lugar habitual de entreno. O percorrido foi dende o porto de Burela ate San Cibrao e volta. [caption id=”” align=”aligncenter” width=”398” caption=”Perfil”]Perfil da Media Maratón[/caption] O percorrido é calquer cousa menos chan. En total non debe de haber máis de 3 quilómetros realmente chans, sempre é unha subida ou baixada en maior ou menor medida. O vento era constante e bastante molesto ainda que lixeiramente favorable na tirada de volta, e menos mal, porque se non sería moito peor.

Saín aproximadamente a ritmo de 4’30” o quilómetro, notaba que quizáis ía demasiado rápido para aguantar así durante vinte e un, pero ía ben a pesar do vento. O vento sácame bastante de quicio xa que gastas forzas que sabes que necesitarás máis tarde. Tes que ir constante e concentrado pero gardando un pouquiño porque pagaralo máis adiante. Fixo.

Levei unha botella pequena de auga para ir bebendo e na metade do camiño tomeille un sobre de un xel para pillar enerxías para a volta. O da auga e para acostumbrar o corpo pois normalmente nas carreiras de corenta ou cincoenta minutos non bebo ou bebo un chopo. O ritmo soe ser tan alto que cóstame traballo beber ben e respirar, pero como hoxe fun controlando pois puiden beber tragos pequenos con regularidade e sen problema. O xel que tomei hoxe era máis espeso que o de froitas de xornadas pasadas, así que veume ben ter un grolo de auga para baixalo. Tampouco me sentou mal.

No tramo de volta o vento axudabame lixeiramente por tramos, pero aínda así fíxoseme longo. En ningún momento sentín un baixón ou quedar totalmente sen forzas, pero nas costas duras (>8%) ía bastante clavado, tiña que regular para ter forzas unha vez estaba arriba poder seguir tirando. Nos últimos catro quilómetros debín ir arredor de 4’50”/km. Bastante lento e con ganas de chegar.

No final ía lento pero constante, non pretendín exprimirme por chegar un par de minutos antes se non que preferín manter un ritmo posible de aguantar pero coa sensación de poder seguir. Unha vez rematei non me sentía agotado ou fora de punto. Un minuto despois de rematar a respiración era totalmente normal e non me doía nada.

Conclusións que saco?

  • Sentoume ben o beber e comer, ainda que os últimos días podería ter comido mellor pensando no entreno de hoxe.

  • Non teño moita forza (potencia) que digamos. Así que nada de exhibicións, gardar e gardar para cando faga falta.

  • O obxetivo de rematar a proba paréceme alcanzable, creo que a ritmos lentos terei suficiente fondo.

  • O obxetivo de rematar a proba en tres horas e media parécenme pouco realista. Nin tan siquera dándose unhas condicións de temperatura e vento adecuadas me parece posible facer dúas medias en 1h45’ unha tras outra.

  • Non tiven problemas de xeonllos nin musculares, así que nese senso tamén estou tranquilo facendo a ximnasia que fago.

O tempo final foi de unha hora trinta e nove minutos. Creo que se fose unha competición de verdade e un pouco máis chan podería rondar 1:35’ xa que non me exprimín e correndo con outros sempre rindes máis.

A comer…. [caption id=”attachment_170” align=”aligncenter” width=”300” caption=”Refuelling”]Comida tras correr[/caption]