Todo lo que debe saber sobre la I Guerra Mundial

Todo lo que debe saber sobre la I Guerra Mundial

Título: Todo lo que debe saber sobre la 1ª Guerra Mundial: 1914-1918. Las campañas, personajes y hechos claves del conflicto bélico que cambió la historia del siglo XX.
Autor: Jesús Hernández

portada

Con un título así xa supoñía como ía a ser o libro, así que tampouco foi unha decepción. Para o meu gusto resulta demasiado ameno, coloquial e centrado en anécdotas e curiosidades.

Polo menos servíume para contextualizar e facerme unha idea da situación anterior a propia guerra. Políticamente foi unha guerra de alianzas e intereses máis complicada que a WW II.

Militarmente foi a constatación de que a tecnoloxía trocara o xeito de facer a guerra e os estrategas tiñan que facer fronte a este cambio (unhas veces con máis éxito que outras) a marchas forzadas. Non todos comprenderon esto polo xeito en que millóns de soldados foron utilizados durante as campañas.

A intendencia e organización na retagarda son claves para manter o pulso nas batallas e frontes en conflictos de esta escala, moitas veces a aniquilación do inimigo (literalmente) non é posible de xeito directo e físico, tendo que optar polo estrangulamento (metáfora) económico facendo imposible manter o esforozo da guerra. A día de hoxe, matar a distancia e con límites éticos son cousa do pasado grazas ao uso que podemos facer da tecnoloxía aplicada a matar. Esto chámase progreso ¬_¬

A otra cosa mariposa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *