Título: Algún día este dolor te será útil (2007)
Autor: Peter Cameron
Portada
O autor fai un acercamento ao xeito de pensar dun adolescente (post-adolescente? xoven?) pertencente a un extracto social alto e que vive na cidade de New York (EE.UU.). Nin o nivel socioeconómico nin a cidade son detalles menores pois a tipoloxía dos problemas poderían ser comúns, pero cómo os enfronta así como os recursos a súa disposición e as solucións aos mesmos, xa non o son tanto. Vendo cine ou lendo novelas parecese que facer terapia fose tan común como ir mercalo pan. Non digo que non nos viñese ben a moitos, pero Manhattan e facer terapia están inextricablemente ligados
Nin o contexto, e moito menos o adolescente, son alleos a literatura, pero o autor retrata a esta persona nun** momento importante da súa vida** en que debe tomar certas decisións adultas. Debe tamén afrontar as consecuencias dos seus actos, facerse responsable da súa vida, pois quizáis xa é considerado adulto aínda que él non se teña por tal. Espérase de el un determinado tipo de comportamento do que renega (aínda que non ao estilo punk) ou do que non quere participar.
Está narrado en primeira persona para facernos partícipes do que realmente lle da voltas na cabeza e tamén do xeito en qué analiza as situacións, cales son as súas prioridades e tamén o que realmente lle fai sentir mellor, máis seguro e confortable. Esto xusto é o que está perdendo e que leva tan mal. Meteduras de pata infantiles, algo de humor, cabezonería, síndrome de Calimero, falta de empatía, … hai un pouco de todo.
Reseñas:
Unha opinión positiva de El hada lectora e unha opinión non tan positiva de La hierba roja
Libros del Asteroide (editores), listado de reseñas
Opinións en Amazon