Andaina Taramundi PR-AS19 Ruta Eiroá

Perfil da ruta [caption id=”” align=”aligncenter” width=”398” caption=”Perfil da andaina PR-AS19”]Perfil da andaina[/caption]

Ruta en Ikimap: http://www.ikimap.com/map/K3gG Podes escoller o mapa de fondo sobre o que aparece a ruta (OSM, satélite, gugle, …) Ruta en Wikiloc: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?&id=2773338 Descarga o Ficheiro GPX da ruta


A ruta está ben descrita na guía que proporciona o concello. Desde o centro da vila hai que subir ate o Hotel/CasaRural La Rectoral e subir polo camiño que pasa xunto a ela. Este tramo inicial é moi duro e hai que tomalo con calma, pois a pendente debe superar o 20% case de xeito constante.

Subes ate o Chao do Marco, onde podes ir ate unha cima que se ve cerca, logo voltas ate o cruce (ben sinalizado) onde pillas dirección Bres. Douscentos metros depois deste cruce hai un mirador con esta vista.

[vimeo 41241741]

A partir de aquí o camiño ten tendencia dunha baixada continua con un perfil suave que permite manter un bo ritmo. Chegado a Piñeiro hai un cruce no que podes voltar acurtando a ruta (útil se tes problemas) ou ben tirar dirección leste. Esto vese antes de pasar Piñeiro mirando dirección Taramundi (ao fondo). en Piñeiro

Comezas a baixar seguindo a sinalización ao longo da ruta, que na miña opinión é correcta, ate que empezas a voltar cara o oeste e no cruce onde di “coller o camiño de terra a dereita”, xusto despois de Galiñeiros, a sinalización é errónea ou cando menos confusa, pois creo que te manda seguir pola carretera para subir ate Bres. Esto é Bres. [caption id=”” align=”aligncenter” width=”320” caption=”Bres”][/caption] A casa grande que se ve é o Museo Casa del Agua.

Como dicía, eu subín ate Bres, para tentar facer a Ruta de los Molinos PR-AS22 , aínda que finalmente non a fixen. Debo dicir que polo menos o inicio desta outra ruta é confuso. De Bres saén varios camiños e xunto a igrexa xa debería estar sinalizado onde comeza a ruta. Eu non o vin. Fun ver este muíño alí mesmo e despois voltei a ruta orixinal camiño de volta. [caption id=”” align=”aligncenter” width=”500” caption=”Muiño Logares. Foto Albertomontes panoramio”][/caption]

Segues o camiño na marxe dereita do río ate que chegas a un cruce coa carretera Bres-Taramundi (AS-21), crúzala, e pasas por debaixo dunha ponte para seguir a partir dese momento pola marxe esquerda do río. Este é o tramo máis bonito da ruta. [vimeo 41241739]Eso que se ve pequeno é unha rá nun jarabullo.

Pouco despois xa voltas ao asfalto que seguirás ate Llan, onde no medio da aldea colles un camiño cunha forte pendente de baixada (sinalizado como PR-AS21(?)), cruzas un rego e xa estás de volta en Taramundi. No seguinte vídeo vese Taramundi desde Llan. En frente é por onde se inicia a ruta (+ a tronada que xa se oía) [vimeo 41241740]

Aquí subín algunha foto máis, lamentablemente tiñalle posta baixa resolución a cámara do móbil :(