El corredor que llevamos dentro - Jason R. Karp

Título: El corredor que llevamos dentro (The inner runner)

Autor: Jason R. Karp

portada

portada, desde a web do autor

Esta reseña será breve. Buscando libros sobre saúde, correr, motivación, … na biblioteca pública dixital atopei este traballo de Jason R. Karp

Sempre me costa dar unha opinión negativa acerca dun libro, porque respecto moito aquelo que alguén poida atopar nel. A min este non me aportou nada. Paréceme un panfleto de autocomplacente para persoas que corren.

Creo que non axudou tampouco a tradución, pero igual o orixinal está escrito do mesmo xeito.

Se alguén busca reencontrarse coa carreira a pé, se só precisas un pequeno empurrón para erguerte do sofá, pode tamén resultar útil para recomendarllo a alguén que non corre, para que vexa a marabilla que é poder correr, que vivimos no país da piruleta, non nos facemos vellas, nin enfermamos, temos a cabeza ben amoblada, … Se así fose, ben vido sexa.


CC BY-SA