Título: Correr (2010)
Autor: Jean Echenoz
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”157”] Portada[/caption]
Con este libro tiven o problema de que cando estaba lendo nel non sabía se estaba lendo unha novela, unha biografía, unha biografía novelada,… Está escrito nun estilo moi particular (non lera nada anteriormente deste autor para saber se o seu estilo é así) case outorgándose a licenza de estar na cabeza do protagonista, como se coñecese realmente as súas intencións e as súas opinións ao respecto dos acontecementos que lle tocou vivir. Sempre ía con esa dúbida e polo tanto non acababa de creer todo o que o autor me contaba.
O libro comeza con Emil Zatopek sendo un mozo destinado a traballar nalgunha fábrica da zona onde vive e narrando a invasión do seu país por parte do exército alemán no inicio da II guerra mundial. Tras a guerra quedou no lado ruso de europa, baixo un rexíme tutelado desde Moscova. Esta influencia faise evidente na última parte do libro cando Emil se posiciona a favor de posturas aperturistas do rexime e é castigado por ditas opinións. Se se trata dun personaxe de ficción entón non hai problema (deso trata :P ), pero cando colles a unha persona deste mundo, entón hai que ter moito tino a hora de poñer palabras na súa boca.
O libro tampouco é, nin creo que o pretenda ser, un libro de historia. Tampouco utiliza a Emil para contarnos unha historia, máis ben é a historia de Emil dotada do contexto. Ese entorno é o que utiliza a Emil Zatopek como instrumento propagandístico sobre todo a nivel de consumo interno (crea un heróe e un exemplo para o pobo) e cómo a súa vida foi controlada para tal fin.
As súas proezas atléticas eran o que se coñecía no resto do mundo, así como a imaxe que o seu país quería que mostrase, pero o seu lado atlético non deixaba de abraiar e era requerido en tódolos lugares para participar en competicións. O autor cóntanos qué problemas tiña para poder viaxar, o abraiado que quedaba cando vía certas cousas simples que no seu país eran impensables, os condicionantes da súa traxectoria atlética, os particulares métodos de entrenamento, a determinación e capacidade competitiva, …
Entre esas liñas, o autor vainos contando, como se o mesmo Emil llo tivese contado en primeira persona, cómo se sinte con respecto a correr, qué o motiva, cales son as súas ambicións con respecto a correr e con respecto ao rumbo da súa vida, … e para esta parte hai que facer un acto de fe e confiar no autor. Podemos crer que é froito da súa imaxinación ou ben darlle credibilidade a súa (suposta) investigación. Eu finalmente quédome con esta última posibilidade, pero creo que o autor debería deixalo máis claro e evidente nalgún tipo de prólogo ao libro. Quizáis sí que é evidente, pero eu non o percibín así.