Crimen y castigo. Fiódor Dostoyevski

Título: Crimen y castigo (1886) Autor: Fiódor Dostoyevski

[caption width=”200” align=”aligncenter”] portada na wikipedia [ru][/caption]

Y ahora sé que quien es dueño de su voluntad y posee una inteligencia poderosa consigue fácilmente imponerse a los demás hombres; **que el más osado es el que más razón tiene a los ojos ajenos;** que quien desafía a los hombres y los desprecia conquista su respeto y llega a ser su legislador. **Esto es lo que siempre se ha visto y lo que siempre se verá.** Hay que estar ciego para no advertirlo.

Ahí queda eso!

Un estudante que vive na miseria plántaselle no maxín a semente dunha posible saída da súa situación. O terreo no que cae a semente ferve con ideas entre revolucionarias e delirios de grandeza polo que Rodion Románovich Raskolnikov chega a conclusión de que cometer un crime que lle reportará beneficios económicos será o primeiro paso para unha vida con grandes proxectos.

Lamentablemente, para el, os seus plans topan co valado da realidade e vivimos toda a novela asistindo primeiro a xustificación argumentada do crime; despois as argucias para ocultalo; para finalmente o arrepentimento. Mellor dito, a asunción da responsabilidade do feito.

Paralelamente ao fío conductor do crime, o autor lévanos polas sutilezas e reviravoltas da mente humana. Utiliza a linguaxe con maestría situando personaxes que actúan poñendo trampas lóxicas e de razonamento tanto ao protagonista coma ao lector. Pero sobre todo verbaliza complexos sentimentos e construccións mentáis da nosa mente. Os diálogos que manten o protagonista co xuiz instructor do caso, co seu amigo e familia, con outros personaxes que tamén teñen cousas que ocultar,… son realmente** dignos de ler e disfrutar **pois analizan desde varios puntos de vista unha mesma situación (o crime, filosofía, o amor, a responsabilidade, a mentira, ideas políticas, organización social e económica) pero non describíndoa, se non a través do que opinan os personaxes.

A acción transcurre en San Petersburgo, unha das maiores cidades rusas na época en que foi escrita a novela, que é un personaxe máis, sendo descrita máis polo seu carácter e personalidade que físicamente ou como escenario. O río Neva, a plaza do Mercado, o tipo de vivendas e cómo se vivía nelas (moi interesante), o cheiro das rúas, o tipo de xente que as frecuenta… quedan retratados aquí.

A novela foi escrita inicialmente por entregas e publicada posteriormente como unha única obra. Quizás por esto, eu creo que se fai un pouco larga. Pódese dicir que hai escenas que non aportan nada a trama, pero quizáis si dotan de contexto e son aproveitadas polo autor para adentrarse en esos territorios que realmente fan da novela o que é: unha obra de referencia para autores futuros.

Personalmente resultoume interesante cómo o autor menciona de pasada, pero non sen querer, conceptos políticos e filosóficos que debían estar bulindo nos ambientes intelectuais da época e que nas décadas vindeiras terían unha influencia decisiva no devir dos acontecementos.

Trátase dun libro atemporal, que poderíase situar en calquer contexto social pois as voltas que lle da a cabeza o protagonista; os mal entendidos por falta de información ou polas suposicións (erróneas ou non) que fan os personaxes, todo esto claramente son patrimonio común do xénero humano.

Non pretendo aquí facer un ensaio sobre a novela, por espazo e limitacións intelectuais, pero aquí van unhas ligazóns para profundizar na obra:

Debo dicir que na miña lectura non fun quen de atopar todas as sutilezas e significados que nestas ligazóns se relatan. Pero que non te aparte da lectura desta novela a grandilocuencia das súas alabanzas e os debates filosóficos que de ela se derivan.

Para rematar, spoiler!:

_"They wanted to speak, but could not; tears stood in their eyes. They were both pale and thin; but those sick pale faces were bright with the dawn of a new future, of a full resurrection into a new life. They were renewed by love; the heart of each held infinite sources of life for the heart of the other."_ - Fyodor Dostoevsky, Crime and Punishment, Epilogue