Delitos a largo plazo - Jake Arnott

Título: Delitos a largo plazo (The Long Firm)

Autor: Jake Arnott

portada

Portada

Habitualmente escribo aquí sobre os libros que leo ainda que, se te fixas ben, non recomendo nin deixo de recomendar lelos. Pero este libro merece ser recomendado, é unha lectura con éxito seguro.

Xuraría que empecei a ler este libro por recomendación de Diego A. Manrique, seguramente o citou nalgunha entrevista. Dado o tema do libro e o contexto social e cultural no que se desenvolve, esta hipótese é moi probable :p Gracias, Diego A.

O certo é que o libro (primeiro de tres) merece ser lido en primeiro lugar por ser entretido, manter o ritmo da historia e estar ben escrito. Por que si, está ben escrito.

O autor propón un personaxe principal, Harry Starks, que coñecemos a través de cinco historias (capítulos) independentes narradas en primeira persoa por outro personaxe. O autor métese na pel deste outro personaxe adoptando a súa personalidade a hora de escribir, estamos na cabeza dun criminalista, da parexa de Harry, dunha empregada, dun empregado a tempo parcial e dun socio empresarial. O cambio de estilo e rexistro entre un chaval da rúa e un Lord vai máis aló da linguaxe utilizada, estamos dentro da súa cabeza e vemos as cousas que lle pasan pola cabeza e as súas preocupacións.

Harry Starks é un careto (mafioso) e a historia transcurre entre en Londres nas décadas dos 60 e 70 do século pasado. O autor aproveita para facer tamén un retrato do ambiente cultural, social e político da época. Hai no libro moitas referencias a estos puntos que se as coñeces seguramente contribúen a sentirte (aínda máis) a gusto e cómodo no libro. Incluso pódese dicir que é un libro con ambientación musical pola multitude de referencias a música da época.

O capitulo final do libro, co sociólogo/criminalista, resulta impresionante polo ritmo, o sentido do humor, cómo fía dúas tramas e sobre todo cómo é capaz de facer todo eso e ao mesmo tempo facer un ensaio ou exposición a través do que contan os personaxes sobre o que o propio autor quere contar no libro. Uff, un circo de tres pistas e todo encaixa perfectamente.

Sen entrar en detalles da historia, dicir que o capítulo contado por Jack the Hat daría por si só para facer unha película.


Buscando información para escribir este texto, vexo que a BBC xa fixo unha serie para televisión no 2004