Título: Dog soldiers (1974) Autor: Robert Stone
[caption id=”” align=”aligncenter” width=”231”] Portada en español[/caption]
Esta novela pasa por ser un clásico no xénero, e quizáis polas expectativas que tiña pois quedei un pouco defraudado.
Simplemente trátase da historia de uns aficionados a consumir drogas que dedicen introducirse no negocio do transporte ao por maior da mesma. Aproveitando a loxística da guerra, do Vietnam en este caso, os protagonistas pretenden pegar un pelotazo carrexando un paquete ate a costa oeste dos EE.UU. pero resulta que as personas coas que fixeron o trato tiñan uns plans diferentes aos seus polo que se verán en apuros e fuxindo.
Ao inicio do libro estamos en Vietnam onde o protagonista é un xornalista que se atopa alí case porque non tiña outro sitio a onde caer. En Vietnam entra en contacto coa “cultura” local e coa guerra, coas miserias da guerra e co xeito en que a soldadesca tentaba levar o mellor posible a estancia en aquel lugar e situación, é dicir, baixo os efectos de alcohol e drogas. Describe tamén algunha clave política do conflicto para orientarnos e deixar o seu punto de vista (o do autor).
Non sabería describir cómo era a sociedade americana con respecto ao consumo de drogas a principios dos setenta do século pasado, pero semella que socialmente era considerado perxudicial, pero con tolerancia pola libertade individual no seu consumo e sen o estigma social que representa hoxe en día. Pero esto é un prexuizo meu, pois co grande que é o consumo de este tipo de sustancias, moi hipócritas hai que ser para andar criticando épocas pasadas. Sociedade hipócrita? Non creo ¬_¬
Como dicía, aproveitando a loxística da guerra, o xornalista J.Converse xestiona un envío a casa pero vese traizoado por todos non estando preparado para xestionar estas situacións. Él e os seus compiches son uns afeizoados que caen en máns de profesionáis: os distribuidores establecidos e a policía cómplice. Xa situados en EE.UU. o autor describe unha época na que certas aspiracións sociáis por parte da xuventude nos sesenta dexeneraron, ao parecer parcialmente polo abuso das drogas, en movementos marxináis así como na creación de delincuencia e corrupción moral.
A novela ten algúns pasaxes moi bos, sobre todo unha viaxe no deserto ao final do libro, pero non acabei de verlle o sentido a certos momentos en que os protagonistas están colocados, a cómo se sinten, qué buscan en estas viaxes , certa cháchara de filosofía barata, … quizáis non entendo o contexto que se describe.
Trátase de un libro totalmente lible, non quixera espantar a nadie pois supera con moito o nivel tirar-o-tempo-por-un-libro.