El Atlas de las Nubes - David Mitchell

Título: El atlas de las nubes (2004)

Autor: David Mitchell

Portada da primeira edición.

En primeiro lugar debo anunciar as malas novas: trátase de historias coñecidas, incluso de argumentos coñecidos. O autor polo menos é honesto en este aspecto e no propio libro pon na boca dun dos protagonistas o seguinte

Pero, en general, saqué la conclusión de que aquella historia de una joven periodista que desenmascara la corrupción de las multinacionales podía venderse bien. (El fantasma de sir Felix Finch lloriquea: «¡Pero si eso está más visto que el tebeo!».… ¡Como si existiese algo que no se haya repetido ya mil veces desde Aristófanes! ¡Como si el arte fuese el Qué y no el Cómo!).

A partir de aquí todo son boas novas.

E si nos fixamos no Como, en outro momento tamén di

He pasado estas dos semanas en la sala de música, reelaborando los fragmentos de este año para integrarlos en un «sexteto para solistas que se solapan»: piano, clarinete, chelo, flauta, oboe y violín, cada uno en su clave, escala y timbre. En la primera parte, cada solo se ve interrumpido por el siguiente; en la segunda, se retoma cada interrupción, en orden inverso. ¿Idea revolucionaria o efectismo insustancial?

Esta tamén é a estructura do libro, seis historias aparentemente independentes pero conectadas e narradas con un estilo moi diferente unha de outra.

Pasar nun santiamén de ler un relato estando metido na cabeza dun histriónico editor de libros a fináis do século XX, a ler o interrogatorio/entrevista a un “clon” humano un século despois xa da idea do desafío que representa este libro. Cómo une o autor esta serie de relatos? Pois cunha cadea moi fina pero resistente gracias a súa habilidade para manter vivas cada unha das historias por separado, deixándote sempre abandonado no último momento, cando queres saber máis.

Como acontece en Delitos a largo plazo temos varias historias independentes, alí unidas por un personaxe, que se complementan para dar unidade ao conxunto. O desafío aquí é maior, pois abrangue unha variedade de rexistros na escrita que falan ben da capacidade do autor para o seu traballo. Non só imaxina a situación e as tramas, se non que é capaz de dotalas de contexto simplemente polo xeito en que están escritos sen abrumadoras descricións. Deixa marxe a túa imaxinación para que completes o cadro.

O libro comeza suave, pero os seguintes relatos varían desde o humor ate a angustia existencial. Por exemplo, ler a historia de Somny-451 recorda as comeduras de coco de Roy Batty.

Personalmente a historia de Somni-451 e a de Timoty Cavendish parecéronme as máis interesantes e mellor escritas respectivamente, pero todo o libro lese con interese e enténdese o que o autor nos quere transmitir.

Que non sexa unha obra maestra non é un demérito, quizáis eu personalmente esperaba que rematase as historias de outro xeito ou que o nexo de unión entre elas fose máis forte, polo xeito en que comeza o libro esperaba máis, creeime unhas expectativas difíciles de cumplir.

E de que trata o libro? Pois reflexiona sobre o poder, avaricia e o amor e as diferentes formas que adoptan e que tanto uns coma outros son cosustanciais ao ser humano. Así cómo se repiten os temas tamén se repiten as historias e a historia da humanidade independentemente do contexto social. O libro deixa ver certo pesimismo con respecto ao ser humano así como unha postura cínica sobre a dirección que levamos e o que nos espera no futuro. Aquí un par de citas ao respecto:

i.

El entretenimiento se lo buscaban ellos solos; los consumidores no pueden vivir sin Publicidad ni sin 3D, pero los seres humanos sí que pueden: lo hicieron durante siglos.

ii.

Es un ciclo tan antiguo como el tribalismo. Todo comienza con la ignorancia. La ignorancia genera miedo. El miedo genera odio y el odio genera violencia. La violencia provoca más violencia hasta que la única ley viene dictada por la voluntad del más fuerte.

Con respecto ao título do libro, fai referencia a que estaría ben ter algún mapa que nos guiase en todo este lío que é vivir. Un desiderativo.


Agora xa podo ver a película :D

Must read!!