El corredor - Tim Krabbé

Título: El ciclista (De renner, 1978)

Autor: Tim Krabbé, wikipedia

portada, en goodreads

Domingo pola tarde, tirado no sofá despois de pasar toda a mañán correndo polo monte xunto cun cento de persoas -un evento dos que na data en que esto escribo aínda non voltaron-, estás algo canso, pero aínda che dura o efecto das endorfinas e se cadra pensando en apuntarte xa para a seguinte.

Pensas nos bos momentos e nos máis difíciles e nun momento absurdo decides “escribir a crónica da carreira en internet”.

Esto é o que fixo Tim Krabbé en 1978, tras participar no Tour do Monte Aigoual fainos vivir o que lle vai pasando pola cabeza nese día, nesas horas sobre a bicicleta con dor, con ansia, con ambición, derrotado, exultante, con frío, enfadado,…

Moi do estilo simple e directo que abunda nas crónicas anteditas, imos coñecendo a comarca pola que transcurre a carreira non só físicamente, se non tamén o seu carácter agreste, un altiplano desolado fendido polas gorxas creadas na rocha polos ríos.

A viaxe está na mente de Krabbé, e resulta fácil compartir as súas dúbidas e ansias por ser lugares comúns no esforzo e competición. Todas esas cousas que vas pensando mentras corres e que ó rematar, se chas preguntan, non saberías responder.

Intercaladas, trae escenas dos seus tardíos comezos no ciclismo tras unha xuventude que soñaba con bicicletas pero tomou outros rumbos. Do mesmo xeito, fermosas historias do ciclismo clásico falan da beleza e dureza a partes iguais que nomes como Anquetil, Coppi ou Merckx nos traen á imaxinación.

Rudi Altig e Jacques Anquetil, Trofeo Baracchi 1962

Rudi Altig e Jacques Anquetil, Trofeo Baracchi 1962, fotografía e historia en bielalibre.wordpress.com

O relato é curtiño e lese moi fácilmente, pero aínda que fosen cinco centas páxinas desfrutaríao igual.

Outra crónica con citas do libro, por ciclingtipsblog.com

Coñece o Mte. Aigoual en inrgn.com


CC BY-SA