El huérfano - Adam Johnson

Título: El Huérfano - Título orixinal: The orphan master’s son (2012)

Autor: Adam Johnson

El huérfano, Adam Johnson Portada

Pak Jun Do é o protagonista principal de esta historia narrada en primeira persona. Trátase de unha novela de ficción, de unha historia inventada, ambientada na República Popular Democrática de Corea nun pasado recente. É importante remarcar que se trata de unha novela de ficción pois, debido ao hermetismo propio do rexime político de ese país, o descoñecemento do mesmo fai que de un xeito doado poidamos confundir a información que é descriptiva da que é pura invención. Se facemos caso ao que se escribe sobre ese país, é comprensible dar verosimilude a sucesos macabros que se describen no libro. Cando temos referencias ou coñecemento de un contexto, habitualmente podemos diferenciar ficción de realidade. Aquí estamos influídos polo que os medios de información nos contan ao respecto, e practicamente de xeito unánime non se pode calificar máis que de un réxime despótico e homicida para co seu propio pobo.

Jun Do foi criado coma un orfo, non sendoo, e este feito marca a sua vida de xeito decisivo. En Corea do Norte o Estado dispón da vida das personas según a conveniencia política. Sendo “orfo”, Jun Do entra nun camiño que o levará ao exército para realizar tarefas na zona desmilitarizada, secuestros no extranxeiro, espionaxe e misións diplomáticas de alto risco. Esto é o que acontece na novela, pero o relevante é todo o que nos contan de si mesmos os protagonistas e como a omnipresencia e intento de control absoluto por parte do Estado os modela como personas de un xeito profundo e íntimo. As relacións personáis marcadas pola desconfianza, a economía de subsistencia na miseria, a arbitrariedade das autoridades,… todo fai que entrar en contacto con realidades diferentes acabe sendo un golpe que quebra o esquema vital de calquer norcoreano.

Cuando los perros regresaron, el senador les dio unas chucherías que llevaba en el bolsillo, y Jun Do comprendió que en el comunismo se amenaza a los perros para que obedezcan, mientras que en el capitalismo la sumisión se consigue mediante sobornos.

O autor amalgama todo o conxunto nunha historia perfectamente fiada narrativamente, sen cabos soltos nin tramas irrelevantes, con uns protagonistas que o son de verdade e a quen chegamos a coñecer íntimamente pois son eles mesmos quen fan aflorar o seu interior, as súas dúbidas, os seus azos, as súas ambicións.

Durante o trascurso da historia imos tamén familiarizándonos coa linguaxe equívoca, manipuladora, e fondamente represiva que utiliza o Estado para describir a realidade. Visto desde fora incluso consigue arrincar un sorriso, pero describen unha sociedade ao estilo 1984, onde se retorcen conceptos e palabras para dotalos de novos sentidos a conveniencia o arrebatar os que lle son propios.

Aviso!!: Non me resisto a poñer un pequeno Spoiler!! no que vemos o uso da linguaxe propio do Estado nunha situación máis personal

Sun Moon le ofreció su Juche y él le entregó la esencia de programática Songun que albergaba en su interior. Su intercambio, largo y profundo, culminó en una exclamación mutua de conciencia de Partido.

toma metáfora florida! :D No seu contexto resulta humorístico.

Deixoume unha moi boa impresión esta novela por estar ben escrita, por tecer os sentimentos e os acontecementos de xeito fluído, sen imposturas e sen artificios, por mostrar a situación na que vive todo un país a través de pequenos detalles do día a día que se van describindo na obra. Trátase de unha historia humana, non política.

Adam Johnson gañou o Premio Pulitzer na categoría de ficción en 2013. Sen desmerecer a ninguén, esto faime recuperar a fe nos premios literarios, pois en España cóntanse cos dedos dunha man aqueles premios que non son simples plataformas publicitarias. Por exemplo hoxe, 6 de Xaneiro, entrégase un de esos. Haberá que mirar ben a lista dos Pulitzer por si agocha xoias coma esta.