Título: El juego de Ender . Ender’s game (1977) Autor: Orson Scott Card
[caption width=”178” align=”aligncenter”] portada[/caption]
Para valorar este libro resulta conveniente fixarse na data en que foi escrito: a fináis dos anos setenta do século pasado, nun mundo políticamente polarizado por dúas potencias militares que condicionaban de xeito absoluto o xeito de vivir o día a día de millóns de personas. Hoxe, en plena crise (estafa?) económica, a situación laboral e o acceso aos recursos necesarios para ter os servizos e bens de primeira necesidade garantidos, supoñen un condicionante de semellante forza. Esto para contextualizar.
Nesa situación política, pero situada nun futuro non demasiado próximo, unha potencia militar extraterrestre e os habitantes da terra están rematando un período de non agresión, pero de rearme militar. Ender, un neno de 6 anos, é o froito dunha selección _non-natural _de individuos ben dotados para a estratexia e xestión militar, pois creen os dirixentes actuais (vendo o resultado de experiencias previas) que éste será o factor diferencial que os faga gañar a próxima guerra. A formación de Ender para esa guerra é o fío conductor do libro. Nese camiño o autor mostra por unha parte cómo é manipulado Ender para conseguir perfeccionar as súas habilidades; cómo Ender se sinte e cómo sendo aínda un neno fai abstracción de cómo é tratado e cómo é orientado para contarnos finalmente o dilema interno que o agobia. Porque si, Ender está estresado.
O autor tamén aproveita para tocar temas como son o control das masas, fortalecemento e apoio da identidade propia pola vía da amenaza exterior; utilizar ese enemigo tamén como elemento distractor dos problemas reais que ten a sociedade e os cidadáns; a minipulación informativa non só directa por parte dos gobernos se non indirecta por medio das redes de comunicación social; o gregarismo do xénero humano (en outro nivel, pero semellante ao dos enemigos do libro). A que nos sona de algo todo ésto? ¬_¬
Non sei en qué tipo de sociedade vivía o autor nos setenta, pero en España nesa época imaxinar certos trebellos, pero sobre todo imaxinar as _redes sociais por medios telemáticos _… seguro que era ciencia ficción!!
Para rematar, unha cita do libro, referente a emigración
—¿Crees que la gente irá? —La gente siempre va. Siempre. Siempre creen que pueden encontrar una vida mejor que la que tenían en el viejo mundo.
pois eso.
Actualmente está en producción unha película que toma como referencia esta historia. [caption width=”214” align=”center”] imaxe de Ender’s Game Movie[/caption] Primeiro trailer: [vimeo https://vimeo.com/65686729]
A historia continúa en Speaker for the Dead.