El pintor de batallas – Arturo Pérez-Reverte

El pintor de batallas – Arturo Pérez-Reverte

Título: El pintor de batallas (2006)
Autor: A. Pérez-Reverte
Portada

Por unha vez, lembro cómo cheguei ate este libro.

Arturo Pérez Reverte pertence a estirpe de escritores pre-bitácora-xmgz, esos que lin antes de poñelos todos aquí por escrito e por eso non aparecerán no buscador. Mais coñezo ao capitán Alatriste (o primeiro e gracias), A tabla de Flandes, O club Dumas, La carta esférica, La reina del sur (ah!, gostei de este) … e algún outro. Así que creo que coñezo un pouco a qué tipo de novelas se dedica o autor. Non é un reproche, só que o xeito en que están escritas non coincide moito co meu gusto, pero respeto esos traballos. De feito…, si lin tantos dos seus traballos…, algo de bo terán 😀 Ou terían no seu momento. Si, fíxome máis ben ca mal ler todas esas novelas.

O sr. Reverte tamén se dedica a opinar, é unha persona que debe ter unha opinión para todo como require o posto que ocupa nos medios de comunicación.

Estas dúas circunstancias fan que non me sexa moi afecto, que teña certos prexuizos con respecto a el e o seu traballo. Pero non sinto animadversión, so son escéptico e achégome con precaución a el.
Na entrevista que cito arriba declaraba, Reverte, que os traballos que mellor o definían e cos que se identificaba era con El pintor de batallas e Territorio comanche. Así que picou a miña curiosidade e decidín intentar ler esta novela.

A novela

Un fotoperiodista, fotógrafo profesional de guerras e miserias, retirado a unha localidade costeira do sur de España intenta poñer con pintura nun mural todo aquelo que non foi capaz de poñer nas fotografías que fixo. Engádelle tamén as leccións aprendidas, o coñecemento do ser humano e un algo de asuntos personais.

Recibe o pintor a visita de un home do seu pasado, un home esquecido ou quizáis nunca acordado, unha visita con un cometido concreto que demora a súa (funesta) misión ao entablar conversa co pintor. De este xeito ambos axúdanse a comprenderse e a comprender, a explicarse a si mesmos por qué son como son.

Non quere Reverte deixar de incluír o mar en cada novela, é a súa paixón e nótase que atopa nel un lugar cálido para acubillarse e un lugar que todo o rodea e que todo o explica.

Agradécese o traballo de documentación do autor. Pódemos disfrutalo en cada capítulo cando o pintor explica, nos explica, as súas influencias artísiticas e cómo ante un simple cadro dunha batalla asistimos en parte a unha lección de historia pero sobre todo vemos a historia que nos quere contar o artista.
Batalla de San Romano, P. Uccello. Wikimedia

Non é unha novela de aventuras e tampouco con unha trama para resolver un crebacabezas, é o intento de redención que busca o pintor-fotógrafo ao realizar o enorme mural. Ben, quizáis non busque redimirse, só explicarse.

Aínda que por veces me costaba seguir o fío de razonamento que realizaban os protagonistas (seguramente por limitacións miñas) en xeral disfrutei da lectura. Non sei ate que punto foi capaz de describir o que quería, pero é un bo intento.

Non deixar de visitar esta páxina sobre Paolo Uccello para coñecélo [wikipedia] e ver algún dos cadros que se citan na novela.

Si esta reseña che resultou interesante ou útil podes compartila nas túas redes sociáis utilizando as iconas de aquí abaixo.

Do mesmo xeito, podes deixar a túa opinión ou comentario utilizando o formulario ao pe da páxina.

Gracias por visitarme

Comentarios pechados.