Título: El poder del perro. The power of the dog (2005)
Autor: Don Winslow Chíos en @donwinslow
Espero que non sexa delito pegar aquí o inicio da novela:
El bebé está muerto en brazos de su madre. A juzgar por la forma en
que yacen los cuerpos (ella encima, el bebé debajo), Art Keller deduce
que la mujer intentó proteger al niño. Debía de saber, piensa Art, que
su cuerpo blando no podría detener las balas (de rifles automáticos,
desde esa distancia), pero el movimiento debió de ser instintivo. Una
madre interpone el cuerpo entre su hijo y quien quiere hacerle daño.
Así que se dio la vuelta, se retorció cuando las balas la alcanzaron,
y después cayó sobre su hijo. ¿De veras creía que podría salvar al
niño? Tal vez no, piensa Art. Tal vez no quería que el niño viera
surgir la muerte del cañón del arma. Tal vez quería que la última
sensación del niño en este mundo fuera la de su pecho. Envuelto en
amor.
Creo que expresa perfectamente o nivel de violencia que cabe esperar no negocio do narcotráfico, e que a miúdo vemos nos telexornáis coa mesma crudeza, xunto a sutileza con que describe o sentimento dunha nai polo seu fillo en tal circunstancia sin esperanza.
Trátase de unha novela na que a supervivencia nun entorno violento só parece posible con un nivel de violencia aínda superior que aniquile a oposición. Pode tratarse de un familiar ou amigo de toda a vida que pretende quitarche o control do negocio, de un policía que incomprensiblemente non pasa polo aro, un político que esquece as prioridades, outro que lle da un ataque de patriotismo, un que entende o patriotismo dun xeito heterodoxo (ou non),… O resultado é unha sociedade da violencia que lamentablemente non semella inverosímil, se non real.
y ahora comprende el terrorífico efecto desorientador de ir encapuchado.
Aínda sendo abondosos os exemplos como os de estas citas que traio, a novela é grande porque é capaz de fiar as sutilezas dos razonamentos dos protagonistas, cómo se autoxustifican, cómo racionalizan a violencia (dun xeito hipócrita normalmente) con escenas de angustia, dor e terror. De violencia gratuíta.
Oye gemidos, gritos de dolor, y se pregunta si eso durará eternamente.
Si esa es su eternidad.
Esto é unha metáfora nunha pasaxe onde un dos protagonistas se pregunta se esto será o que chaman inferno. Un inferno que ademáis sabe merecido.
Winslow recrea todo un universo da droga presentado en varios escenarios temporáis e físicos que se van tecendo para configurar o cadro. En certo sentido é como unha novela de esas de fantasía de mundos imaxinados con dúcias de personaxes aos que dar vida e contido e tres ou catro protagonistas aos que ademáis tes que dar un obxetivo e motivación: o motor que fai avanzar a novela.
Xunto a levarnos da man dos protagonistas, Don Winslow recrea unha historia do narcotráfico no último cuarto do século XX. Establece vínculos a niveles que son necesarios e polo tanto verosímiles, e algúns outros, como o financiamento de terrorismo de extrema dereita por parte da CIA en centroamérica nos 80 (para deter aos comunismos revolucionarios financiados por URSS e China) permitiron que fluíse a cocaína a través do trampolín mexicano hacia o maior mercado de consumidores. É dicir, o goberno de EEUU a través de algunha das súas axencias facilitaba que os seus cidadáns tivesen un acceso doado ao producto que aparentemente pretendían eliminar.
Estamos gastando casi dos mil millones de dólares envenenando cosechas
de cocaína y, de paso, a los niños de aquí, mientras que en casa no
hay dinero para ayudar a alguien que quiere dejar las drogas. Es una
locura.
Semellantes relacións entre cárteles, militares e políticos foron, e son, posibles gracias ao inmenso volume de negocio do que estamos a falar. Con este negocio entre mans non só é posible mercar as estructuras de un estado, para coaccionalas, se non imbricarse de tal xeito nas institucións que se crean os narcoestados onde calquer política está supeditada aos intereses de que o domiña. Eles son o estado.
Os que temos unha idade, lembramos moitos dos acontecementos novelados así como as referencias históricas vividas no seu momento. De tal xeito entras no mundo proposto polo autor con gran facilidade cando fala de parroquias ametralladas para asasinar a curas díscolos en El Salvador; asasinatos de candidatos presidenciais (en México e Colombia) como hoxe en día en Venezuela (non digo que sexan as mesmas motivacións e causas); financiamento de guerrillas de extrema dereita por parte de EEEUU camuflado como axudas para loitar contra a droga,… Non soa a chino, se non ao mundo en que vivimos.
Esta novela ten unha continuación, El Cártel, que tamén debe de ser tremenda, por exemplo así pensa Pablo Iglesias.