Título: El síndrome E (2010) Autor: Franck Thilliez
[caption width=”292” align=”aligncenter”] Portada[/caption]
El síndrome E é a novela anterior a Gataca e aínda que nesta última se fai referencia a certos acontecementos de_ El síndrome E_, pódense ler de xeito independente pois non teñen unha continuidade argumental, só as unen dous protagonistas e a súa relación personal (ademáis de certo interese na orixe da violencia).
Trátase dunha novela na que o autor nos leva da man de dous policías no intento de resolver uns crimes acontecidos no tempo presente e que gardan relación con outros de décadas atrás. O xeito en que ambos sucesos se relacionan e os nexos de unión entre os diferentes malos é o que mantén o interese da novela.
O autor tira dunha teoría pseudo-científica, en principio inventada por el, para fundamentar toda a trama. Digo esto para que nadie lle empeze a fervela cachola con conspiranoias :P
Opinión: durante a novela imos lendo cómo se van sucedendo os acontecementos e cómo os policías van tirando do fío para encadear as pistas que leven a súa resolución, pero neste final, nesta resolución, quizáis acontece todo dun xeito precipitado e con menos explicacións das que o autor nos daba ao comezo do libro. Esto contribúe a que te perdas un pouco nas argumentacións e explicacións que se dan. É posible que este fose o efecto buscado polo autor. E refírome a velocidade, non a confusión.
Con todo é un libro doado de ler, sen pretensións de grandeza (cousa de agradecer) e case sempre sen florituras innecesarias. Que estexa ambientado, maiormente, en Francia pois agradécese. Non porque lle teña moito cariño aos franceses ¬_¬ , se non pola sensación de estar “en outro sitio”, de “coñecer mundo” :D
Resumindo: trata sobre la violencia, o xeito en que se xera ou desencadea e as ansias de querer domeñar (controlar, dirixir) esa violencia. Algo así coma o lume.