Esas cabezas!! Alea iacta est

O traballo de preparación chegou até aquí. Foron 17 semanas e seguín practicamente ao pe da letra o marcado no plan inicial. Excepto algún día que non puiden completar algunha repetición fixen o marcado. Houbo algúns días duros, que me costou facelo entreno, pero durante todo este tempo non me sentín agotado ou pasado de voltas. Creo que o fun asimilando ben. Hoxe fixen 45’ trotando suave, tres rectas fortes e exercicios para os nocellos. Precisamente onte torcín o dereito e teñoo con molestias, pero non me molestaba ao correr. Os xeonllos tamén ben, levo toda a semana de vacacións e correndo menos polo que agradecen o non estar de pe tantas horas. Como dicía, foron 45’ e a parte de comprobar que non me doía nada ía pensando na táctica de carreira que vou a tentar seguir e de se realmente estou preparado. A preparación fixen a prevista. Lendo o que fixeron outros corredores de condición similar vexo que chegar a 30 ou 32 km. nalgún día era habitual. Non sei que plan seguían pero eu como moito cheguei a 22 nun día e uns 37 en dous días seguidos. Dependerá do obxetivo e capacidade de cada un, supoño.

O título do artigo ven a conto de que menos mal que seguín o plan e non enfermei en todo o tempo e podo dicir que non teño máis que molestias, non estou lesionado, pero con todo eso a favor, non podo evitar dubidar de se será suficiente. O domingo agárdanse temperaturas dende 15º ao inicio e preto de 30º na hora de comer. O calor é moi falso e faiche pagar con intereses calquer gasto innecesario.

A táctica No quencemento trotar con moita suavidade, poñer as articulacións en temperatura, estirar suavemente e tentar ser positivo. Iniciar a carreira case como nun entrenamento facendo os primeiros 5km. arredor de 27 ou 28 minutos. É bastante lento, pero como o principal problema que teño é a** ignorancia** de cómo respondo ante un esforzo tan longo, teño que ser conservador para ter garantías de rematar. A vantaxe desto é que se todo é normal poderéi beber e comer con comodidade nos tres primeiros avituallamentos. Pasada a primeira media hora xa tentarei coller ritmo de 5’/km e concentrarme en beber un chopiño de auga cada quilómetro. Así ate o quilómetro 30. Non debería ter ningún tipo de problema en chegar a este quilómetro en dúas horas e media. Sentirei certa fatiga, igoal me doe algo, pero a ese ritmo teño que chegar aí relativamente cómodo. Con “cómodo” refírome a non sentir  ”por dios que remate xa!”. O domingo en Viveiro fixen 6km(4’50”/km) moi cómodo e 6km(4’20”/km) forzando un pouco pero regulando sen problema. Tiven boas sensacións, pero tiñame que ir frenando ao inicio para non pasarme. Se chego nesas boas condicións quedaranme só 12 a meta. Arredor dunha hora, que se como e bebo con regularidade debería ter suficiente forza para ainda que sexa a 6’/km rematar a proba.

O que espero é ser consciente e tranquilo ao inicio e ter a suficiente capacidade para recoñecer se vou ben ou vou mal e actuar en consecuencia. Tamén espero non agobiarme se me da un baixón, nen deixar de comer, nin comer de máis, nen afogar en auga, nen deshidratarme, nen quencer mal, nin que me empece a joder un xeonllo, …. podería seguir. Menos mal que sei que entrenei ben :P

Algo a favor é que SEMPRE te encontras mellor nunha carreira, cos compañeiros de disfrute/sufrimento que cando entrenas. Correndo, competindo, non tes dúbidas. Vas como vas, jodido ou non, pero ves xente arredor que está peor ca tí e seguen adiante, e ves xente que van de paseo coma se nada. Séntense máis ou menos coma ti, e axúdanche simplemente estando alí.

Hoxe durante o trote que fixen soou esto que segue. Estou por facer unha escolleita de cancións coma esta e poñelas durante o camiño a Ouuuuuuurense. Pop up the volume!!!!! [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=7eDWrlDR-Ro] Se non se ve o vídeo pulsa na seguinte ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=7eDWrlDR-Ro

O próximo que escriba espero que sexa unha crónica. Alea iacta est!