Estudio en escarlata - Arthur C. Doyle

Título: Estudio en escarlata (1887) Autor: Arthur Conan Doyle

ArthurConanDoyle AStudyInScarlet annual.jpg De David Henry Friston - Transferido desde en.wikipedia a Commons., Dominio público, Enlace

Probablemente xa sabes que é a novela na que son presentados o Dr. Watson e o Sr. Holmes. Sherlock Holmes é requerido para axudar a resolver un crime que os mellores inspectores de Scotland Yard non saben nin cómo empezar a investigar.

A historia do crime antedito está separada en dúas partes na novela. A xeito de separador actúa un amplo capítulo situado no pasado onde se narra nun estilo moi diferente ao resto da novela a historia que víctima e asasino comparten. Está así contada porque Sherlock Holmes non sabe dela, non a precisa para resolver o crime, só sabe que algo no pasado desencadeou os feitos para ser analizados pola capacidade de observación minuciosa e razonamento lóxico imperturbable do Sr. Holmes.

Tras a presentación dos devantidos protagonistas, os inspectores, os secundarios que actúan a xeito de comodín e pe para xiros na historia, figurantes que dotan de contexto a novela, etc. aparecen as víctimas e os sospeitosos. Holmes acompañado de Watson acude a escena do crime e por métodos xa descritos descobre ao asesino. Tras resolver o crime, simplemente irá tirando dos fíos que confirmen a súa teoría. Esos fíos, evidentes e consecuencia de feitos que constrúen un relato perfectamente lóxico para el, están porén enleados con nós irresolubles para os demáis.

Creo que é comprensible o éxito da novela e dos personaxes no seu tempo. É unha novela de aventuras, un relato áxil, que non se recrea en si mesmo (como sería doado facer) se non que avanza no argumento a grandes pasos pero sempre aportando esas pequenas pílulas de información que axudan a traballar a imaxinación do lector.

Tras ler esta novela creo que teño **incluso mellor opinión **sobre a serie de televisión Sherlock. Admito que Sherlock Holmes paréceme un personaxe excesivo, case sobreactuado, **pero na novela tamén! **Pequenos xestos, detalles, tamén están perfectamente caracterizados na serie incluso ao ser trasladados a un escenario contemporáneo. Esta novela ten o seu correspondente na serie, pero varias pasaxes ou claves da mesma son utilizados en outros episodios con lixeiras variantes.

http://www.sherlockology.com/

Disfrutaches de esta novela? Cres que debo seguir lendo máis? Eu creo que si!, aínda non coñezo a Moriarty :D A serie de televisión gustoume moito, qué opinas sobre como traduciron unha novela do século XIX a época contemporánea?

Podes deixar a túa opinión na caixa de texto de máis abaixo e compartir esta reseña utilizando as iconas de redes sociáis. Grazas!