Falta un mes

Dentro de exactamente un mes será o día sinalado. O día D. A saúde vai ben, hai meses que non pillo un catarro nin nada. Non recordo nin a última vez que me doeu a cabeza. Ate os xeonllos van mellor!! Quén diría que entrenando para participar nun maratón se cura a tendinite :D :D

Curar, o que se di curar, non curei, pero as molestias e incluso dor que eran habituais agora son moito máis ocasionais e menos intensos. Qué fixen para mellorar este aspecto?:

  • exercicios de ximnasia orientados a fortalecer a estructura que sostén o xeonllo. Non me apetece moito facer ximnasia pero con pouca cousa notei bastante mellora. Exercicios de contraer e estirar repetidamente a perna e en diferentes posturas son o máis habitual

  • pararme un pouco mellor a facer algo de quencemento e estiramentos ANTES de empezar a correr

  • cambiar lixeiramente a técnica de carreira. Con respecto a esto lin un pouco a cerca da técnica POSE. Ven sendo procurar desplazar lixeiramente o centro de gravidade do corpo hacia adiante e correr “por detrás”, procurar aterrizar no antepé e non no talón, acurtar a zancada pero aumentar a frecuencia… Non perdín demasiado tempo en profundizar no tema ou dedicarlle horas á técnica pero si me quedei co fundamento da mesma.

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=b3Nt4WgQed8]

Non sei qué porcentaxe de responsabilidade ten cada cousa, pero o certo e que me podo agachar sen sentir dor nos xeonllos cando hai unhas semanas chegaba a ser doloroso simplemente subir escaleiras.

Dos problemas na inserción tibial da cintilla iliotibial hai meses que non sei nada. A veces cárgase bastante na zona do glúteo, pero eso lévase ben, abaixo é moooooito peor. Tocar madera.

Precisamente hoxe teño o día chungo. Saín pola mañán cedo a facer

25'+ 10x(1km.-1'rec) +15'

e…. equivoqueime un pouco. As repeticións do quilómetro tiña que facelas en progresión indo de 4’35” e rematar a 4’05”. O terreo pillei o máis chan que puiden, pero tiña uns 400 metros que facía como unha subida e baixada aproximadamente a un 3% de inclinación, que non é nada, pero correndo notas calquer cousa. O asunto é que empecei ben e fun aumentando a velocidade ate o sexto intervalo, que fixen en algo menos de 4’10”, pero con esforzo. A partir de ahí fixen un par de eles á mesma velocidade pero esforzandome cada vez máis e no último non o puiden completar. Notábame como “saturado”, non como se gastase as forzas, senon como se o corpo dixeche “ate aquí”. Corrín a uns ritmos para os que neste día e condicións non debía estar preparado. O malo desto e que te deixa un pouco fora de punto, como alterado.

O normal, se se fan ben as cousas, é poder facer os entrenos cunha intensidade e duración que esixa esforzo pero tamén permita a recuperación e asimilación do mesmo. Neste momento xa sei que vou a estar coas pilas agotadas todo o día. Xa puxen o modo “aforro de enerxía”, pero agora toca descansar e recuperar dentro do que sexa posible. Habitualmente non me encontro cansado nin dolorido, e érgome polas mañáns con ganas, polo que creo que vou levando ben os entrenos. Nas próximas tres semanas tocan entrenos longos e intensos coma o de hoxe asi que toca levalo con sentidiño e sabendo facer o traballo de xeito correcto.

As zapatillas agora xa dubido de usar na carreira as Mizuno ou as Brooks, como estaba previsto, xa que as sensacións son mellores coas Mizuno. Non me van mal as outras, pero quizáis sexa porque as uso máis paréceme que muscular e articularmente sufro menos coas Mizuno. Xa veremos.

A comer…