ffmpeg e Video Transcoder - recodificar vídeo

ffmpeg ao rescate

Problema:

gravas un pequeno vídeo co móbil, uns 50”, e ocupan 68mb!!

… e cómo compartes eso sen fundir a túa tarifa de datos (e a dos destinatarios)?


video-transcoder

Existen aplicacións para o móbil, como Video Transcoder que permiten facer este traballo de forma eficiente desde o teu propio dispositivo.

captura de Video Transcoder

Mais ffmpeg é unha ferramenta máis universal que está dispoñible en todas as plataformas. Este pequeno titorial servirache de referencia para recodificar calquer vídeo que teñas no teu ordenador persoal.

ffmpeg é a ferramenta de liña de comandos que nos soluciona a situación.

A complete, cross-platform solution to record, convert and stream audio and video.

Hai unhas semanas publiquei como respaldar os teus CDs de música utilizando ffmpeg.


exemplo e sintaxe

ffmpeg -i video_entrada.mpeg  -vcodec libtheora -qscale:v 7 -vf "scale=720:480" -acodec libvorbis -qscale:a 5 video_saida.ogg
  • ffmpeg: chamada ao programa
  • -i video_entrada.mpeg: pasamoslle o ficheiro de entrada (admite multitude de formatos. Mira na web do proxecto e os codecs que precisas).
  • -vcodec libtheora: o códec que imos utilizar, en este caso libtheora
  • -qscale:v 7: Este valor “7” pertence a ao libtheora. Outros códecs teñen outros valores.

Tomando como referencia o vídeo persoal de 68mb obtemos estos datos

COMPARATIVA(*) orixinal -qscale:v 7 -qscale:v 4
calidade orixinal boa suficiente
mb 68 25 9
  • -vf “scale=720:480”: escalar o vídeo en caso necesario (omitir se non o precisas)
  • -acodec libvorbis -qscale:a 5: equivalente ao dito para o vídeo (omitir se non é un ficheiro moi grande)
  • video_saida.ogg: nome e formato do vídeo que queres como resultado.

(*) os mb e calidade son de unha codificación personal, ambos dependerán do tipo de vídeo e do dispositivo no que o visualices.

contedor mp4

ffmpeg -i example.mov -f mp4 -vcodec libx264 -preset slower -profile:v main -acodec aac example.mp4

fonte: https://www.bugcodemaster.com/article/convert-videos-mp4-format-using-ffmpeg

detalle: https://trac.ffmpeg.org/wiki/Encode/H.264

formato webm

ffmpeg -i entrada.mp4 saida.webm

Conversión rápida ao formato .webm, pode ser axeitado para compartir rápidamente pero con menor calidade.


Son numerosas as formas de editar e codificar vídeo e son, pero unha busca en internet permitirache atopar os parámetros que che permitan a mellor solución para o teu caso.

En vertical

Moitas veces, e quizais debido a forma en que suxeitamos os móbiles (polo seu deseño) gravamos os vídeos co móbil en formato vertical. Posteriormente, ao compartilos ou simplemente velos no ordenador ou televisión, daste conta do incómodo e feo que resulta.

ffmpeg tamén nos axuda en este caso:

ffmpeg -i inputfile.mp4 -filter_complex '[0:v]scale=ih*16/9:-1,boxblur=luma_radius=min(h\,w)/20:luma_power=1:chroma_radius=min(cw\,ch)/20:chroma_power=1[bg];[bg][0:v]overlay=(W-w)/2:(H-h)/2,crop=h=iw*9/16'  outputfile.mp4

Info complementaria

No teu terminal

man ffmpeg

Outros titoriais