Ahí atrás instaleille a cámara fotográfica un filtro polarizado para “xogar” coas nubes e ver si conseguía algún efecto bonito.** #epicfail**
Días despóis, fun fotografiar as follas de unha plata agatuñadora que viraran a cor marrón/vermello e segundo me ía movendo notaba que cambiaba de xeito notable cómo se vía a planta. Chafullaba cos botonciños e rodas da cámara, mirei se tiña algún modo de simulación de película peculiar establecido, pero non, nada raro. Ate que botando a man ao dial do diafragma “toquei” sen querer no filtro. Tate! ahí estaba a causa de esas cousas raras que notaba.
Na seguinte galería podes ver o efecto.
[gallery size=”medium” ids=”2443,2444,2445”]
Na primeira imaxe mostro o aspecto (aproximado) que ten a planta segundo a miras; na segunda e terceira puxen o filtro na posición na que se maximizase o efecto polarizado da luz tras reflexarse nas follas da planta.
A primeira está recortada e axustado o equilibrio de blancos e niveis para dar un aspecto semellante ao que percibe o ollo, pero nas outras dúas non fixen máis que escalar o tamaño, deixando o aspecto que ten o .jpeg creado pola cámara sin enfatizar o efecto xa de por si evidente. Como curiosidade, cos .raw aínda podía conseguir tonos máis chamativos. Podes pulsar nas imaxes para velas máis grandes.
Normalmente este tipo de efectos teñen a súa máxima expresión con un ángulo de 90º entre as dúas posicións en que se sitúa o filtro, pero lamentablemente non anotei no momento de fotografiar a diferencia entre elas. Mais non quedei coa impresión de que houbese tanta diferencia.
Nas imaxes tamén se pode ver o efecto no azul do ceo.
Mira este artigo en dzoom para coñecer un pouco máis sobre os filtros polarizados para fotografía.