Fuji X-E2 & Helios 44-2

Fuji X-E2 & Helios 44-2

X-E2  Helios 44-2 filtro antiguo de Flickr

Un pouco de historia

na wikipedia

El objetivo soviético Helios-44 (en ruso: Ге́лиос сорок четыре, pronunciado aproximadamente Giélios soroc chitirie) del fabricante de cámaras y ópticas fotográficas Zenit es un objetivo normal, cuyo esquema óptico fue diseñado por el GOI, el Instituto Optico Estatal de la URSS en 1951, que se basó en el objetivo del año 1927 producido por la empresa alemana Carl Zeiss Jena llamado «Biotar 2/58″.

Xa que logo o…

Helios-44 [es] una verdadera síntesis histórico-sociológica donde los aspectos óptico técnicos no pueden deslindarse de los aspectos ideológicos, políticos y bélicos internacionales.

Imaxes

Estas son algunha das imaxes tomadas nos primeiros días de uso.

Estiven tamén xogando cos modelos de simulación de película e efectos da cámara. Fujifilm ten unha serie de artigos moi instructivos ao respecto que son unha lectura recomendada.

Helios 44-2

Todas as fotografías son .jpeg directos da cámara cos modos de simulación indicados (ver “Film Mode” na información EXIF en Flickr).

Visitar o Grupo Helios-44-2 en Flickr para ver máis exemplos.

Para poder utilizar este obxetivo na X-E2 tiven que pillar un adaptador M42 (sistema de rosca utilizado polo obxetivo) a FujiX. Trátase de unha peza de plástico e metal coa función de acoplarse por un lado ao obxetivo e polo outro ao corpo, pero a función principal é axustar a distancia focal podendo así enfocar no plano do sensor. A veces estos adaptadores, e con algúns obxetivos, non están ben deseñados e teñen o – importante – problema de non poder enfocar a infinito. Para evitar esta situación os fabricantes de adaptadores tiran ao seguro e fabrícanos de tal forma que podes enfocar máis aló do infinito. Este é a situación no meu caso, pero é un problema menor.

Como se trata de un obxetivo manual, sen electrónica de ningún tipo para comunicarse co corpo, temos que enfocar e seleccionar a apertura de xeito manual. Esto require paciencia e práctica, pero enseguida te afás e aprendes a deixar a apertura que cres pode ser axeitada para o tipo de fotografía que estás buscando. A x-e2 ten unha axuda ao enfoque (focus peaking, vídeo) que resulta moi útil e efectivo cando utilizamos obxetivos manuais. Si establecemos un valor ISO (rango) automático (ou fixo) e velocidade do obturador automática (ou fixa) fará que a toma de fotografías sexa ao noso gusto e habilidade controlando no visor electrónico cómo será a fotografía.

Este obxetivo, montado na miña cámara, ten unha distancia focal equivalente de 86mm (APS-C 1.48). Trátase de de un teleobxetivo corto moi axeitado para retratos con un bokeh moi marcado (e particular) se abrimos a f2. A distancia mínima de enfoque é de 50 cm.

IMGP3948.jpg
Imaxe da galería de Vladimir Oltean en Flickr, en este foro pódense ver máis información sobre o obxetivo e moitas máis imaxes.

Qué opinas?

Cal é a túa experiencia con obxetivos manuais? Podes comentar o artigo ou deixar a túa opinión na caixa de comentarios de aquí abaixo. Se che resultou interesante o artigo, podes compartilo nas túas redes sociais utilizando as íconas que ves aquí.

Comentarios pechados.