¿Hai que estar flaco para correr Maratón?

Hai que estar flaco para correr unha maratón…? ** **Chema Martínez **(@chemitamartinez), **Pablo Villalobos (@villalobospablo) e Rafa Iglesias (@rafaeliglesiasb) van participar na proba de Maratón nos Campionatos do Mundo en Daegu (Corea do Sur) e cando un ve unha foto deles quedas pasmado cando ves que son pel, músculo e oso. Están moi fortes, según eles, pero non teñen mellor pinta que as modelos que mostraban pelexo hai uns anos nas pasarelas. Debe quedar claro que se trata de atletas profesionais asesorados por equipos médicos especializados, polo tanto, nada que ver coa situación habitual dos corredores populares. Tanto os seus obxetivos como os medios para conseguilos son totalmente diferentes aos meus. Polo tanto á pregunta inicial cabería engadirlle … se eres un corredor popular?. A resposta na miña opinión é que non. O que hai é que estar forte, tanto muscularmente como de cabeza para aguantar de 3 a 5 horas correndo. Fundamento esta resposta en que os plans de entrenamento que se poden consultar para atletas deste nivel buscan ter o corpo mecánicamente preparado para aguantar esa esixencia e metabólicamente preparado para ter suficiente enerxía. E aquí radica a diferencia: os profesionáis non corren máis porque non poden, non dan de si, pero queiman gasolina súper: Azúcares. Tratan de ter o suficiente glucóxeno nos músculos, fígado, incluso quitarllo ao cerebro :p pois ese é o tipo de combustible máis eficaz para correr a ritmos moi altos. O que tratan é de ir regulando este tipo de combustible mentras poidan pois é o que lles convén no seu caso. Un corredor popular, unha vez gasta o glucóxeno disponible, tira do que lle queda: graxas, proteínas,… Os profesionais tamén, non son diferentes, pero entre que están entrenados e cos depósitos de glucóxeno a tope os días previos, tamén teñen a capacidade de asimilar rápidamente e gastar o que van comendo na proba. Se se lles acaba o glucóxeno entón baixan tamén de ritmo, coma nos, pero a eles como van a velocidades moi altas poi nótaselles máis. Son os típicos baixóns que lles soen dar tralo quilómetro 35. Visto na televisión parece que van amodo, que ate nos iríamos a ese ritmo, e non é así, o que pasa é que antes ían coma chispas. Rodar a ritmos tranquilos durante moito tempo ten o obxetivo de que o noso corpo estimule, entrene, poña a punto o sistema que ten o corpo para convertir a graxa corporal azúcares utilizables polas fibras musculares para seguir funcionando. Non é un sistema tan espectacular como o de gastar directamente glucóxeno, pero é o que che permite seguir correndo cando se che acaba esa “chispa” que vas superjuai e ainda che quedan máis de vinte quilómetros para a meta. Imaxina tentar correr unha maratón a ritmo de carreira de dez quilómetros. Malamente poderías. E esto entrénase, claro. Entrénase o metabolismo das graxas. E entrénase gastando graxas, o que ten como consecuencia directa una reducción da cantidade de graxa corporal sempre en cando leves unha dieta equilibrada e acorde as recomendacións da maioría dos médicos especialistas. Non estarás nos osos coma Chema Martínez,Chema Martínez antes de Daegu 2011 pero entre que exercitas os músculos e lle quitas parte da graxa que hai entre eles e a pel, pois por eso o aspecto dos corredores é o que é. Tema a parte é o do peso, pois sobre todo inicialmente o que perdes en graxa (moito volumen pero pouco peso) gáñalo en musculatura (a igual volume pesa máis). Por eso as ganancias reais de peso prodúcense cando se corre con suavidade pero constancia durante varias semanas, non nos primeiros quince días. Dito esto, se xa levas anos correndo probablemente estarás moi próximo ao teu peso adecuado e coa túa alimentación máis ou menos comerás o mesmo que consumes. Se estás demasiado flaco non terás forza para entrenar e menos para correr; e se estas gordo pois irás perdendo peso ate chegar a un equilibrio, pero esto é unha reflexión xeral, non un consello nin unha receta universal. Outro día “reflexionarei” con respecto á alimentación. Acepto comentarios razonados que maticen o directamente contradigan esta teoría.

En xeral estou seguindo o plan marcado en cando a quilómetros, sesións e intensidades das mesmas. Sigoo ben porque non me están resultado esixentes en absoluto. Hai días de esforzo pero ate o de agora o normal é rodar a ritmos controlados e relativamente constantes e cando tocan series pois non é necesario exprimirse a velocidades altas como cando se entrenan distancias máis cortas. Debido a ésto, a non exprimirme, normalmente recupero moi ben entre unha serie e a outra e sobre todo, recupero ben de un día para outro. Non me sinto agotado nin me levanto fundido polas mañás. Esto último recordo que tivera unha temporada, hai uns anos, que me pasara. Así que dou por suposto que estou asimilando ben o entrenamento, pero tamén me crea dudas de si “será suficiente?”, “non debería entrenar máis?” No plan pon facer de cando en vez unha competición, pero dende Ordes non voltei a competir. O que levo regular é o de facer ximnasia. Fago máis que antes, sobre todo “sentadillas” e pesas coa cinta elástica pero fáltame a constancia que afortunadamente teño para saír a correr. En canto a lesións teño que dicir que nada empeorou, que xa é un avance. O máis preocupante, ou incapacitante, serían os xeonllos. Pasei de ter problemas, hai un par de anos, na cintilla iliotibial dereita a problemas no subrotuliano de ambos xeonllos. Os exercicios indicados para fortalecer a musculatura que os sustenta estame resultando beneficiosa, e en xeral só sinto molestias, non dor. Pero é algo a vixiar e coidar. A molestia no lateral do glúteo esquerdo pásame desapercibido quizáis por habitual e formar parte de min; e curiosamente cárgaseme na perna esquerda, atrás, se estou sentado en ángulo recto e coas pernas estiradas. Sentado no sofá coas pernas estiradas, para entendernos. Correndo non noto nada. A sáude parece que me respeta. Procuro tamén pillar a bici para sustituír tiradas longas de carreira con tiradas algo máis longas en bici. Non é o mesmo, pero os xeonllos agradéceno.