Industar 50-2 + FujiX-E2
Galería de imaxes
Recoleción dunhas fotografías tomadas utilizando o obxetivo Industar 50-2(M42) para valorar se paga a pena o seu uso.
Contexto
Hai un par de anos merquei un obxetivo manual Jupiter 37A MC (con resultado desigual) e, de regalo, enviáronme este Industar 50-2 que, na data de publicación, vexo que se atopa fácilmente por 20-25€ (+envío).
Fujifilm X-E2 + adaptador M42 a FX + Industar 50-2
Por que?
Porque é divertido, estimula a creatividade, céntraste e compoñer a imaxe con máis coidado (os zooms son unha maldición!!), aprendes a entender o efecto de cada control dispoñible na cámara, friquismo…
Axustes da cámara
Todas as fotografías son ficheiros .jpeg directos da cámara, reducidos en tamaño, intentando variar o menos posible os seguintes axustes fixos:
- simulación de película Provia (STD)
- ISO800, con luz diurna da resultados excelentes
- f8 (indicado no dial do obxetivo)
- DR100, WB-Auto, NR 0, H-Tone -1, S-Tone +1, Color +1, Sharp +2
- Enfoque Manual (lóxicamente)
- Prioridade Apertura (S auto)
Todo bastante automático, para intentar ver cómo se adapta as diferentes condicións sen ter que modificar os parámetros. Como foron tomadas en diferentes días e lugares, as condicións da luz eran bastante dispares.
Excepto
- f3.5, na fotografía do cartel “Permítense cans” e “radios da bicicleta” para ver o desenfoque do fondo.
- “Gaivota” e “Dente de león con bicho”, pequeno recorte da imaxe para apreciar o enfoque e definición en macro
Opinión
Tendo en conta as características do obxetivo (e prezo!!) os resultados son moi satisfactorios. É un obxetivo moi lixeiro, cunha focal un pouco longa para street photo (50mm que nesta cámara son 83mm?) pero que así tamén che obriga a estar un pouco separadoo obxeto a fotografar (interesante en caso de persoas).
Require relativamente pouca práctica afacerse ao seu uso, pero o deseño do dial de control da apertura é demasiado simple e é doado movelo sen querer, sobre todo se tes que enfocar moi preto.
O dial de enfoque é suave e sen holguras e mantense sen problema. Esto axuda moito se enfocas na hiperfocal e te centras só en compoñer a fotografía.
Un problema importante destos obxetivos manuais cos que tes que utilizar adaptador é que as distancias de enfoque indicadas no obxetivo non corresponden coa realidade. Un par de milímitros (ou o que sexa) que se achegue/separe do sensor fan que, por exemplo, o enfoque vaia máis alá do infinito. Cun pouco de práctica enseguida aprendes a enfocar (coa axuda electrónica da cámara), e por esto tamén usei f8, para ter un pouco máis de profundidade de campo e marxe de erro. Incluso así, en bastantes fotos enfocaba máis lonxe do que pensaba, e tiven que recalibrarme eu tamén e enfocar un pouco máis preto. Na túa cámara+obxetivo podería ser ao revés, cuestión de practicar.
Como dicía arriba, merco estos obxetivos que nada teñen que ver en precisión no enfoque, nitidez da imaxe, definición das cores, aberracións nos extremos, reflexos raros que aparecen, halos, distorsión da cor,etc etc cos realmente deseñados pensando na propia cámara.
Gastar 30 ou 60€ nun obxetivo manual vintage pode considerarse unha inversión lúdica, un entretemento para estimular a creatividade.
Made in USSR
Máis imaxes dispoñibles
Grupo Industar 50-2 en Flickr e no artigo de Vintage Camera Lenses.
Galería de fotografías
bastante detalle no tronco e a cor verde, co reflexo do sol do chan, queda bonito
foto con bastante detalle
recorte dunha imaxe máis grande, pero bo foco nun obxeto en movemento
foco na lacha en primeiro plano, f8
algo sobrexposta, pero queda mellor que se está apagada
para intentar enfocar ben, composión pobre
composición abstracta, bastante ben
outra de f3.5 para desenfocar o fondo. Escollín mal o fondo para esto
o máis preto que puiden achegarme
outra, pero recortada para apreciar mellor a definición e enfoque
aquí enfoquei eu mal, demasiado lonxe
foco no fodo, bastante profundidade de campo
radios da bicicleta, foco no buxe, f3.5 para desenfoque do fondo