Instrumental – James Rhodes

Instrumental – James Rhodes

Título: Instrumental (2015)
Autor: James Rhodes

portada
Portada

Resulta complicado opinar sobre un traballo no que alguén che conta a súa vida. Por un lado tes un traballo editorial e por outro a vida de esa persona, non unha novela. Están tan unidos que parecese que o que opinas de un dos aspectos se podería aplicar de xeito automático ao outro. E non.

James Rhodes é unha persona que desde moi pequena foi víctima de abusos sexuais e violacións de xeito continuado. Este feito deixou marca en todos os aspectos da súa vida, en todo momento esto é o marco da súa experiencia vital décadas despóis e causa probable de episodios repetidos de problemas sicolóxicos. As súas relacións personais e profesionais vense afectadas e James non é parco en explicacións ao respecto. Non vou a valorar esta parte do libro, meréceme todo o respeto tanto a desgracia que sufre como o xeito en que intenta afrontalo do mellor xeito que sabe. El mismo mostra certas contradicións no discurso, como teríamos todos, e simplemente as explica sen pretender xustificalas.

A música

En todo ese caos vital, o áncora e referente que en multitude de ocasións lle permite seguir vivo (literalmente) é a música, concretamente o piano na súa interpretación clásica. Desde noviño tivo unha educación musical superior (gracias a que seus pais lla poideron pagar) que lle permiteu canalizar o verdadeiro amor que sentía pola música e utilizala como burbulla na que refuxiarse dos problemas que o rodeaban e que el mismo creaba.

Durante o libro o señor Rhodes vai debullando cómo a súa relación coa música pasou por diferentes fases dependendo das circunstancias que lle tocaba vivir, pero que sempre estivo ahí como refuxio ate que nos últimos anos atopou a suficiente estabilidade emocional como para poder facer da interpretación pianística o eixo sobre o que pivota a súa vida profesional. Traballa como concertista de piano dando recitais, presentador de eventos na televisión, promotor musical, escritor divulgativo, etc.

O libro pretende por unha parte transmitir ese amor sincero pola música (clásica) e por outro mostrar o trasfondo vital do autor. Cada capítulo iníciase coa presentación de unha peza de piano con significancia para o autor. Esta peza é utilizada para introducir o carácter e emoción que quere transmitir ao contar un episodio ou época da súa vida. Estas pezas están dispoñibles nunha lista de spotify así como algunhas de elas en souncloud interpretadas polo propio James Rhodes.

James Rhodes
James Rhodes

Finaliza o libro con unha serie de reflexións nas que expón o que na súa opinión é o lamentable trato que a música clásica recibe debido principalmente a cómo a promocionan, explican e difunden quenes están ao cargo de institucións e da industria cultural. Di James Rhodes que pretenden confinar a música clásica nunha caixiña de cristal para ser adorada e disfrutada por unha elite formada para tal, privando ao público masivo de un coñecemento e disfrute ao que se chegaría simplemente abrindo as portas e explicando de un xeito próximo e intelexible quén fixo esa música, qué significaba na súa época, qué intenta transmitir, qué circunstacias levaron ao autor a escribir ese tipo de música, pero fundamentalmente que a xente poida por si mesma captar (ou non) a emoción e sentimento que ten como expresión artística. Nos seus recitáis fai unha interpretación fundamentada en estos razonamentos. Aparentemente está tendo éxito popular e non lle falta traballo.
En este sentido o libro está escrito de un xeito cercano ao lector, intentando facelo partícipe dos sentimentos que alberga o autor e utilizando unha linguaxe didáctica con respecto a música e honesta no personal. Non me molesta a linguaxe que utiliza, pero a veces semella máis un recurso efectista que unha necesidade, unha impostura que non diminúe o interese no que está contando pero que non parece encaixar co trasfondo da historia. Así, certas opinións exprésanse e están moito mellor escritos nos artigos en xornáis que se adxuntan en versión íntegra. Non se censura a si mesmo dando nomes de personas e institucións de quen considera responsables do confinamento que sufre a música clásica e explica os problemas que supón enfrontarse a eles de xeito público.

Máis info

Aquí unha entrevista ao autor en carnecruda.es
A súa conta de twitter
Reseña en GoodReads

Da web do autor:

James Rhodes’ passion for music has been his absolute lifeline. It has been the thread that has held him together through a life that has encompassed pain, conflict and turmoil. Listening to Rachmaninov on a loop as a traumatised teenager or discovering an Adagio by Bach while in a hospital ward – such exquisite miracles of musical genius have helped him survive his demons, and, along with a chance encounter with a stranger, inspired him to become the renowned concert pianist he is today.

This is a memoir like no other: unapologetically candid, boldly outspoken and surprisingly funny – James’ prose is shot through with an unexpectedly mordant wit, even at the darkest of moments. An impassioned tribute to the therapeutic powers of music, Instrumental also weaves in fascinating facts about how classical music actually works and about the extraordinary lives of some of the great composers. It explains why and how music has the potential to transform all of our lives.

Support & Advice

If you have been affected or triggered by any of the issues in my book and need support, please click here

Espero resulte do teu interese este artigo. Podes facer calquer comentario, crítica ou dar a túa opinión utilizando a caixa de máis abaixo. Tamén podes compartilo utilizando as túas redes sociais pulsando nas iconas que hai aquí mesmo.

Gracias por ler 😉

Comentarios pechados.