Justicia auxiliar – Ann Leckie

Justicia auxiliar – Ann Leckie

Título: Justicia auxiliar (Ancillary Justice, 2013)
Autora: Ann Leckie.

Portada
Portada

De qué vai?

O personaxe Breq, ten unha misión que cumplir, un traballo que asume como necesario tras uns sucesos catastróficos para o seu antiguo ser. Para tal fin precisa de certa ferramenta poderosa, e para conseguila emprende unha viaxe onde atopa aliados e inimigos.

Da web da autora

On a remote, icy planet, the soldier known as Breq is drawing closer to completing her quest.

Breq is both more than she seems and less than she was. Years ago, she was Justice of Toren–a colossal starship with an artificial intelligence linking thousands of corpse soldiers in the service of the Radch, the empire that conquered the galaxy.

An act of treachery has ripped it all away, leaving her with only one fragile human body. And only one purpose–to revenge herself on Anaander Mianaai, many-bodied, near-immortal Lord of the Radch.

Xa de inicio a autora xoga con dous elementos que nos fan, ou polo menos a min, ter que recalibrar o xeito en que lemos e comprendemos un texto.

Está escrito de tal xeito que a narradora utiliza a forma feminina dos artigos personais para referirse tanto a homes como a mulleres. Non só como facemos en moitos idiomas que utilizamos o masculino como forma xenérica para referirnos a unha colectividade heteroxénica, se non como forma habitual para dirixirse a unha persona teña esta o xénero que teña. Esto, de principio, confunde tanto ao lector como aos propios personaxes pois é a práctica dominante na cultura hexemónica pero non así con outras coas que ten que interactuar. É un xogo que nos propón a autora para demostrar a discrecionalidade de estos convencioinalismos (na miña opinión) e que lonxe de ser neutros falan do tipo de sociedade que creamos.

O segundo elemento que nos leva a deternos e reflexionar é a existencia de varios personaxes, cada un multicorpóreo, pero único a nivel consciente. Trátase non só de que unha intelixencia artifical (IA) controle varios elementos de si mesma, se non que un ser humano divida, non, reparta, a súa consciencia en varios corpos individuais de xeito que pode estar actuando e recibindo información de todos eles de forma simultánea e todos teñen a mesma información. Todos son o mesmo ser. Un barullo, un sindiós, pero que permite a autora narrar de xeito orixinal para poder manter ante o lector esta idea de xeito coherente e dalle máis ferramentas para desenvolver tanto a historia desde varios puntos de vista do mesmo personaxe como utilizalo para abrir novos camiños na mesma. Está mellor descrito na novela, e enténdese mellor, do que eu son capaz de facer aquí 😛

No miúdo

Como soe acontecer nas boas novelas, o escenario é accesorio e a trama tanto pode acontecer nun mundo de fantasía como na túa rúa. En este caso a autora recurre a ciencia ficción para tratar temas como o poder absoluto e as relacións económicas desde unha base que si nos resulta coñecida, pois cambiandolle o nome atopamos moitas referencias a períodos históricos da humanidade que son trasladados a este imperio galáctico.

¿Todavía cree usted que [un personaxe] controla a los [o seu pobo] gracias a los lavados de cerebro y las amenazas de ejecución? Esas prácticas existen, sí, están ahí, pero la mayoría de los ciudadanos, como las personas de muchos de los lugares en los que he estado, hacen lo que se supone que deben hacer porque creen que está bien. A nadie le gusta matar gente.

… pero facémolo si o temos que facer. Non si? Si, polo que sexa, está ben visto, se cremos que servimos a un ben ou causa superior que así o xustifique, non temos reparos.

Así tamen vemos que este imperio organizase de un xeito que recorda en moitos momentos ao imperio romano, non só pola organización militar, se non polo tipo de relacións económicas que establecen as diferentes familias que o controlan desde hai milenios.

A novela non só se desenvolve nun plano meramente narrativo se non que en moitos momentos os personaxes reflexionan sobre o que implican os seus actos así como de qué xeito toman as decisións que os animan.

Sobre a lucidez

Nada le aclara a una tanto las ideas como estar a punto de morir. —Por lo general, el efecto es temporal.

ou o menos samba e máis traballar

Los pensamientos son efímeros. A no ser que se conviertan en acción y, nada más surgir, se les de una forma material, se evaporan. Lo mismo ocurre con los deseos y las intenciones.

que reflexiona sobre a toma de decisións, sobre tomar partido ante unha disxuntiva.

A novela é a primeira de tres, como vemos na web da autora.

Comentarios pechados.