Título: La aventura de correr descalzo (2014)
Autor: Emilio Sáez Soro
portada
Emilio Sáez narra en primeira persona cómo actualmente disfruta de unha actividade como é correr a pe tras pasar un período de penurias arrastrando lesións recurrentes, dores, medicación, próteses,… durante anos e que irremediablemente o estaban levando a ter que abandonar unha actividade que realizaba desde cativo.
En esas circunstancias desesperadas trabou coñecemento de que había xente que corría de outra forma, lonxe dos cánones actuais, cando menos heterodoxa, pero que propoñían que se podía correr con saúde e igoal de rápido ou lonxe pero… descalzo (ou coa mínima protección).
No libro vai describindo a súa evolución desde uns inicios modestos ate correr un maratón, que é un símbolo universal de realización personal para un corredor. Esta meta é cativa, o importante son as posibilidades que se lle abren a o autor de poder seguir disfrutando con saúde de unha das cousas que máis alegría lle proporcionan.
Intercala o autor experiencias propias que utiliza para exemplificar erros comúns así como éxitos intermedios no que supón o camiño hacia poder correr descalzo con naturalidade. Non dogmatiza nin pretende sentar cátedra, como tampouco establece un método ou pauta a seguir, se non que conta cómo lle foi a el ofrecéndose de exemplo pero remarcando que esta transición debe ser **personalizada e adaptada as circunstancias de cada persona. **
Para alguén que comparte moitas das súas experiencias, gustoume ver reflexadas anécdotas a cerca de cómo te sintes pero tamén a cerca de **cómo te ven e a interacción con outros corredores **que utilizan o calzado habitual. En este sentido o libro está salpicado da opinión personal de varios corredores minimalistas/descalzos que aportan matices diferentes sobre o descalcismo.
Non é necesario estar lesionado ou enfermo para plantexarse correr descalzo ou polo menos valorar diferentes puntos de vista que poden resultar beneficiosos para a nosa saúde. Calquera de nos está capacitado para correr, estamos equipados con todo o necesario, sendo só necesario ser conscientes de que os obxetivos deben ser realistas e nun plazo razonable. O primeiro paso é levantar o cu do sofá e andar, despois xa poderás correr, pero levántate!