La chica del tren - Paula Hawkins

Título: La chica del tren (The girl on the train, 2015) Autor: Paula Hawkins

[caption width=”327” align=”aligncenter”]portada Imaxe da portada en amazon[/caption]

Quero empezar dicindo que é unha novela fácil de ler, **sen maiores pretensións que o entretemento. Na miña opinión. **Digo esto porque non entendo as críticas que a descalifican coma se fose lixo. Tampouco entendo moi ben o éxito obtido pois é doado encontrar traballos similares. Digo esto, repito, porque a continuación direi que non é gran cousa e probablemente teñas mellores cousas que ler, pero cada un saberá.

Para que vexas por onde van os tiros…

A protagonista principal descríbese…

Así pues, por más estúpida y temeraria que sea, voy a ir a ver a [_protagonista_]

Xa ben cedo non podes máis que compartir esta opinión. Cando sería moito máis efectista conseguir que o lector empatice co personaxe principal, que intente comprendelo e desexar que lle vaia mellor, aquí é ao revés.

Outra, de primeiro da carreira de novelista

Aquí está sucediendo algo y no pienso limitarme a ignorarlo.
Así pues, soy una idiota.
Y, sin embargo, estoy segura de que cuando lo haga, lo lamentaré, porque esto no puede tratarse de nada bueno.

O que ven sendo idiotas facendo cousas de idiotas.

[embed]https://youtu.be/XzrkufnSA10[/embed]

Una voz en mi cabeza me dice que lo vuelva a guardar [_un obxeto_] y me olvide de él, pero no puedo hacerlo.

… e xa temos cincuenta páxinas máis de novela. É lóxico, hai que facer avanzar a historia, pero vaia, na miña opinión hai xeitos sutiles de facelo e exemplos coma este podería poñer unha ducia.

E así todo.

Creo que son demasiados trucos baratos para facer avanzar a historia, clichés de xénero a esgalla, personaxes que amagan con ter relevancia no argumento e que desaparecen sen aviso nin sustanciamento, …

Hai na novela tres mulleres protagonistas e as tres semellan cortadas por un patrón común, con matices propios, pero que responden a personalidades dependentes e sen autoestima. Os homes protagonistas, contrariamente, son mostrados como personas decididas, que toman decisións, ocupanse dos problemas. Esto non ten que ver con cómo de desenvolve o argumento, nin que uns sexan mellores personas que outros, se non sobre o tipo de rol que se lle adxudica a cada xénero. Non pido paridade nas novelas, nin ten porqué habela na realidade, pero xa é casualidade oh!

Para xente que rompe a cabeza…

Mellor unha de rusos. Si, de esos atormentados, que lle dan a cabeza sen parar e son un sin vivir. Pois esto é o mismo,** pero en barato**, peor.

Comecei a ler coa intención de coller unha novela de intriga e misterio (?) que fose fácil de ler así en momentos baleiros. En este sentido foi un acerto, pero vaia, rematei de ler a novela por esa sensación de estar no medio de un traballo e xa que estás pois remátalo.

Resulta entretida si… desenchufas o cerebro. Porque vale que sexa unha fabulación, pero hai reglas ao respecto, e non podes utilizar a imaxinación e fantasear con certos aspectos da trama e apelar ao sentido común para descartar outros que son igual de ridículos si de verosimilitude se trata. Na miña opinión esto é tramposo e non contribúe a que creas nos xiros que da a historia.

Ao seu favor direi que a conclusión da historia está, relativamente, mellor rematada que o conxunto da novela. Falo do aspecto técnico, de cómo unhas cousas levan a outras ate que pasa o inevitable.

Sobre o éxito comercial da novela, eu non sabía que xa había película. Non a vin, pero resulta sospeitoso que en 2015 se publique a novela e no 2016 xa esté a película estrenada! Ou non, claro. Trátase do paquete de entretemento creado xa desde un principio de tal xeito, coa sua publicidade e propaganda. Se tes detrás a industra do cine apoiandote, a cousa fluirá máis fácilmente. Non teño datos para dicir que esto foi así, pero é o que me parece. Outra opinión, semellante a miña. E outra máis, encantada coa novela.

Opinións en goodreads.

De onde copio e pego o argumento e nota comercial

The debut psychological thriller that will forever change the way you look at other people's lives. EVERY DAY THE SAME Rachel takes the same commuter train every morning and night. Every day she rattles down the track, flashes past a stretch of cozy suburban homes, and stops at the signal that allows her to daily watch the same couple breakfasting on their deck. She’s even started to feel like she knows them. Jess and Jason, she calls them. Their life—as she sees it—is perfect. Not unlike the life she recently lost. UNTIL TODAY And then she sees something shocking. It’s only a minute until the train moves on, but it’s enough. Now everything’s changed. Unable to keep it to herself, Rachel goes to the police. But is she really as unreliable as they say? Soon she is deeply entangled not only in the investigation but in the lives of everyone involved. Has she done more harm than good?

Para ser un ni fú ni fá quedoume esto ben longo.