La música del silencio - Patrick Ruthfuss

Título: La música del silencio (2014) The Slow Regard of Silent Things

Autor: Patrick Rothfuss

portada

portada na web do autor

Auri é un dos personaxes secundarios presentes en Crónica del asesino de reyes (1 e 2) pero aquí aparece como protagonista absoluta do relato. Estamos con Auri, unha rapaza nova (sobre esto empezo a dubidar) de aparencia fráxil que vive na Subrealidade, compartimos con ela uns días. Literalmente asistimos a súa vida en ese lugar e no relato poderíase dicir que non acontece nada. Non é unha historia convencional se non que somos partícipes de Auri, nin máis nin menos. Auri resulta conmovedora, con unha historia chea de ternura e que transmite o coñecemento profundo que Auri adquireu do mundo, semella coñecer o nome das cousas.

Non divago, simplemente este libro transmite a esencia de Auri, se non a coñeces, se non sabes onde vive, quén é el, entón terás dificultades engadidas para entender e apreciar o que significa este libro, por eso entendo recomendable ter lido os libros de Crónica del asesino de reyes. O propio autor advirte da heterodoxia de este relato, das dificultades e dúbidas que tivo para escribilo pero tamén da boa acollida que, sorpresivamente, tivo entre as personas que o leron.

A min personalmente deixoume unha sensación agradable estar con Auri. Este relato pode considerarse un spin-off da saga referida, que axudaría ter lido, pero que en nada contribúe ao desenvolvemento nin aporta condimentos a trama da mesma, pódese ler de xeito independente e quizáis se considere como un relato onírico, como un acceso a unha realidade alternativa na mente de unha rapaza solitaria (e anoréxica?).

Agárdase que sexa publicada en agosto de 2015 a terceira parte, e derradeira, da Crónica. Toca agardar un pouco máis…