La suerte de los irlandeses - J.L. Rod

Título: La suerte de los irlandeses (2014) Autor: J.L.Rod @jlrodbooks [caption width=”190” align=”aligncenter”] portada[/caption]

Esta novela está ambientada en España no nadal de unhas navidades recentes e a acción transcurre nunha semana frenética para os seus protagonistas. Pat MacMillan é un funcionario do CNI, un espía, que está un pouco queimado polo traballo e tamén pola vida. Cando pronto poderá deixar todo atrás, vese na obliga de atender unha última tarefa, resolver un caso de enorme magnitude para a seguridade do estado.

Non me cae ben o protagonista, admitoo, polo que me costou seguilo ate o final. Fíxeno quizáis por ese ritmo que ten a novela na que continuamente se sucede a acción, e o fío da investigación vaite atrapando e fai que queiras saber máis. Non me gusta a súa personalidade, de volta de todo, opinando sobre calquer asunto (desde política a deporte ou música) desde unha posición de certezas escritas en pedra. Non me gustan moitos dos seus hábitos de vida, nin as súas opinións, non me cae ben vamos.

Non faltan as súas escenas de sexo ou violencia, pero sen abusar. Do único que creo que abusa e do alcohol.

A historia resultoume un pouco confusa por veces e certos saltos no argumento parecéronme un pouco forzados por inverosímiles (incluso sendo unha novela de ficción); as relacións entre algúns protagonistas tamén mudaban nun momento según conviña. Certo é que estas relacións personáis son un complemento da novela, non o tema principal, pero quizáis deixar as cousas máis no aire, sen contar, é mellor que contar as cousas superficialmente e sen xustificación suficiente.

Con todo deixase ler e entreten honestamente, o autor non tenta ir máis aló de eso e agradécese.