Título: Leito de cogumelos Autor: J.P. Quintana
Novela corta onde o autor parte de unha morte aparentemente fortuíta para ir virando cara a descrición de cómo se resolve un crime. Porque si, ao final resulta que hai un asasinado e unha trama asasina. Esto non colle de sorpresa nin desvelo nada, que para eso está a sinopse do libro.
A primeira novela da colección Lady Mallowan é tamén a primeira novela do seu autor J.P. Quintana. Un cesto de cogomelos, unha morte en circunstancias estranas, un caso pechado pola Policía, e un home disposto a descubrir ao asasino do seu amigo, malia que supoña poñer en risco a súa propia vida.
A pesar da súa brevidade, cando ía lendo pola metade xa estaba desexando acabar e ver en que daba aquelo. Non sentía esto pola intriga e as gañas de coñecer cómo avanzaba a historia, se non porque máis que narrar o autor describe. Faino ademáis sobre uns personaxes planos e faltos de personalidade. Quizáis, e só é unha opinión, debería ter gastado algún párrafo a dotar de carácter aos personaxes en lugar de describir tan polo miúdo as localizacións e como salta de un valado a outro.
Con todo, e por ser breve, é de agradecer o esforzo do autor para contribuír a un xénero no que non hai demasiadas referencias escritas orixinalmente en galego. Unha aproximación que lin hai uns anos foi Morte sen resurección, de Roberto Martínez Guzmán da que lin a tradución desde o español (orixinal do autor galego).