Lido: El Club de la Lucha

Título: El Club de la Lucha Autor: Chuck Palahniuk

Mellor ver a película

Parte do meu problema con este libro foi que xa vira a película e polo tanto xa coñecía o miolo da historia, así que poderíame gustar o xeito en que está escrito, pero non. O ritmo que pretende impoñer na historia é demasiado rápido e non sabería dicir se se comprendería ben se non se coñecese de antemán o asunto do que trata.

Por certo, trata do proceso de autodestrucción dun fulano e como nese camiño consegue convencer a xente, predisposta a facelo ou que só precisaba un empuxonciño, para que o sigan nese camiño. Nihilismo e anarquía xuntos. Máis ou menos.

Pois iso, que nun par de horas cepíllaste a película e quedas igoal satisfeito. Esta é das contadas ocasións en que podo dicir que prefiro a película ao libro.