Lido: El gran Gatsby

Título: El gran Gatsby Autor: F.Scott Fitzgerald

Portada de 1925 (na wikipedia)

A novela transcurre no inicio da década dos anos 20 do século XX, e foi escrita daquela mesmo (1925), polo que narra os “acontecementos” de primeira man coa vantaxe de que están frescos e aínda no pasara o tempo suficiente (décadas a veces) para darlle forma a unha época. Normalmente hai que alonxarse para ter unha perspectiva adecuada do conxunto, pero o autor xa o tiña claro. Unha vez suceden as cousas todos as vemos, pero esto está escrito mentras acontecía.

O autor ten a habilidade para coller unha historia tipo drama-Shakespeare e vestila con un retrato fino da época na que acontece. É capaz de con poucos personaxes facer un retrato da opulencia e os excesos dunha (pequena) parte da sociedade dos EEUU nesa época (os tolos anos 20) ao mesmo tempo fiar unha historia.

Chamoume tamén a atención certos detalles de “denuncia social” con respecto aos dereitos civís dos negros así como das mulleres. Non podo dicir se o autor utiliza a ironía ou se o di “en serio”, pero apostaría polo primeiro pois pon ditas frases en boca dun personaxe, Tom, que parece traído do século XIX en contraposición ao “liberalismo” dos personaxes femininos. Repito, esto está escrito en 1925.

O narrador e personaxe secundario é utilizado como testemuña e nalgúns casos tamén como referencia moral ou polo menos como un punto estable dentro da historia, pois tampouco deixa de contar as súas debilidades. Os outros personaxes parecen levados ao extremo do seu carácter e como tales actúan, parecen condenados a facer o que fan. Para min, a descrición do tipo de sociedade na que transcurre o libro é o máis interesante do mesmo.

Sen contar a historia romántica do libro, direi que acaba ben. Con un punto realista.

Non podía deixar de pensar na miseria e fame que había na miña terra no mesmo tempo que sucedía a historia. Qué lonxe quedaba xeográficamente, pero semella acontecer noutra galaxia en termos de desenvolvemento económico e social.