Título: Northumbria, el último reino. (The Last Kingdom, 2004) Autor: Bernard Cornwell [caption id=”” align=”aligncenter” width=”280”]Portada[/caption]
O libro deixoume un pouco frío, pero lese con facilidade e interese. Digo esto pois non sentín que me poñia de parte de ningún dos personaxes, non me implicaba emocionalmente, polo que lín o libro como una descripción de feitos.
Trátase da autobiografía de Uhtred, un saxón de Northumbria que é raptado polos dinamarqueses con só nove anos pasando a formar parte, por vocación, dese pobo invasor.
Con nove anos xa o rapaz ten moito aprendido da cultura na que foi criado, pero é suficientemente flexible para aprender e adaptarse ao novo xeito de vida sen esquecer quen é. Mellor dito, sen deixar de verse influído pola súa primeira educación.
Estamos no fin do século IX d.C., cando Inglaterra non existe como unidade política, e a través da vida de Uhtred imos coñecendo aos personaxes que terán como obxetivo esta iniciativa política. Esto explícao tamén ao final do libro, o autor fainos partícipes do proxecto que ten (tiña, pois xa rematou a serie) de novelar este período histórico.
O autor fai unha aclaración, que se agradece, ao final do libro para explicar o que probablemente é “verdade” e o que é pura “ficción”, pero este tipo de libros sempre me pareceron algo mentirosos. Creo que se aproveitan das celebrities, dos estereotipos da memoria colectiva, para construir unha novela as súas expensas. Esto non é subestimar o traballo do autor, é simplemente constatar que non é un libro de historia.
Como dicía, non me entusiasma que mesture personaxes ficticios con outros que realmente existiron e que lle atribúa a éstos papeles que non tiveron, pero se o contexto histórico está ben descrito e responde a realidade histórica consensuada, entón xa merece a pena prestar atención ao libro e quedarse con este entorno, fabricar unha imaxe mental da época. Por exemplo, o autor remarca constantemente a loita, represión, do paganismo por parte da iglesia católica (quedan aínda moitos séculos para outros cristianismos en Inglaterra) e como o poder político e relixioso eran todo un.
Gustáronme as referencias a romanización séculos atrás e a súa herdanza aínda visible (e o marabillados e incrédublos ante que puidesen facer aquelas obras); o xeito en que se loitaba, cómo eran as batallas, qué armas utilizaban,…; cómo eran as casas onde vivían, qué comían, qué cultivaban, cómo construían,…; coñecer as motivacións dos pobos daneses para tentar colonizar inglaterra, a súa cosmoloxía e cultura, o seu arte e tecnoloxía,…**Esto é o que máis me interesou do libro. ** Probablemente continúe lendo a serie.
(*)no libro utiliza pagano como todo o que non é católico.
**********COPIAR E PEGAR********** magnet:?xt=urn:btih:68C8B8A178C28DF32CBDD838425D879849581BDC&dn=epubgratis.me%20-%20Northumbria%2C+el+%C3%BAltimo+reino.epub&tr=udp%3A%2F%2Ftracker.openbittorrent.com%3A80&tr=udp%3A%2F%2Ftracker.publicbt.com%3A80&tr=udp%3A%2F%2Ftracker.istole.it%3A6969&tr=udp%3A%2F%2Ftracker.ccc.de%3A80 ************************