Título: The Secret Race (2012) Autor: Daniel Coyle [caption id=”” align=”aligncenter” width=”280”]Portada do libro[/caption]
O autor escribeu o libro tras un par de anos de conversacións con Tyler Hamilton nas que este debullou con toda minuciosidade as interioridades da súa carreira profesional, como ciclista, as dificultades que tivo que afrontar durante a mesma e, tras o remate desta, cómo se veu aboiando nun mar de abogados, investigadores, fiscáis, médicos, … A importancia de que Tyler conte estas cousas é que Tyler foi un ciclista de éxito, do máximo nivel, con acceso aos mellores tratamentos e en contacto cos máis afamados médicos.
Este libro creo que será de gran interese para tod@s aqueles que disfrutamos do ciclismo, tanto practicandoo pero sobre todo para os que o ven pola televisión. Explica de forma transparente a forma que se preparan (preparaban) os profesionáis para competir ao máximo nivel tirando proveito de tódolos adiantos médicos, farmacolóxicos e entrenamento que tiñan a súa disposición.
O problema está en que o factor diferencial entre participar e competir estaba marcado polo uso de técnicas e sustancias non permitidas polo regulamento da UCI, polas autoridades antidoping nin polo espíritu deportivo (éticamente).
O libro céntrase polo tanto en debullar o xeito en que Tyler se dopou de xeito sistemático e cómo o facía. Tyler deixa claro que o que el facía era o que facían TODOS os demáis que podían pagar ditos tratamentos. Nos seus inicios profesionáis o dopaxe era algo instutionalizado e organizado polos equipos, pero tras 1999 (caso Festina), o asunto pasou a ser levado de xeito privado entre o ciclista e os seus médicos ainda que coa colaboración e coñecemento dos equipos (aínda que estos se lavaban as mans no asunto).
Pero a parte máis morbosa do libro é a que se refire a Lance Amstrong. Un home que é descrito case como un sociópata ultracompetitivo, disposto a todo para gañar. Que Tyler fale de Amstrong ten a relevancia de que comparteu equipo con el durante dous anos polo que coñece de primeira man a situación en que se desenvolvían os acontecementos.
Tyler Hamilton non pon excusas para o seu comportamento. Foi unha decisión relativamente doada de tomar ao inicio da súa carreira profesional: ou estás dentro do sistema, ou porta. Dadas as súas condicións naturáis puido tirar proveito da dopaxe programada para poder competir en boas condicións cos demáis corredores. Neste contexto explica momentos concretos da súa carreira, etapas concretas do Tour ou outras probas, nas que c**omo espectador vías cousas raras **(problemas intestináis repentinos, aparentes baixóns na forma, exhibicións fora de lugar, …) que atendendo ao que di Hamilton responden moitas veces a que acababan de sacarlle sangue para autotransfusións, a que lle sentou mal un tratamento, a que non podía tomar determinado producto para non dar positivo,… Merecen ser mencionados xente como Pedro Celaya, Eufemiano Fuentes (médicos españois) e Michelle Ferrari (o maior gurú médico hai 10 anos) como principáis actores na vida de Hamilton.
Con respecto a dar positivo tamén fala da farsa que era en moitos momentos a loita contra a dopaxe. Ate aproximadamente 2004 a situación era case de impunindade total, pois había que ser moi torpe **para dar positivo xa que ían moi por diante en canto a coñecementos médicos (con respecto as autoridades antidoping) e sobre todo contaban coa “torpeza e cegueira”, cando non **complicidade, da UCI para encubrir casos concretos e aceptar subornos.
O libro tamén relata cómo todo esto influía na súa vida personal pois vivía nunha mentira continua, e remata cos últimos anos loitando por facer públicas ditas prácticas (como elemento liberador e case redentor) así como verse envolto na batalla legal que a administración dos EEUU está a levar contra Lance Amstrong (que a día de hoxe(*) non rematou, pero que polo de pronto pinta mal para Amstrong).
Lance merece capítulo a parte. “Matón mafioso” quédase corto como descrición tras ler o libro.
Finalmente outro aspecto que destaca Hamilton no libro é a omertá no pelotón (todos sabían o que había, incluso facían bromas entre eles, pero de portas a fora… negación absoluta e defensa a ultranza da limpeza da competición); e o sentimento de que “non estou a facer trampa” reforzado polo coñecemento de que todos, os que podían, facían exactamente o mesmo: recurrir a calquer método que lle dera vantaxe sobre a competencia. Dito ésto, non deixar de explicar que o doping non é unha fórmula máxica que convirta burros en cabalos de carreiras, se non que marca simplemente (nada máis e nada menos) que a diferencia de facer un posto digno nunha carreira (sobre todo por etapas, onde a recuperación é o factor diferencial) a poder aspirar a gañar. A diferencia é abismal a nivel mediático, económico, recoñecemento social, … Resumindo, sabían que estas prácticas estaban prohibidas no regulamento, pero competían en igualdade de condicións (esto matízaoo no libro) cos demáis ciclistas, non facían “trampas”.
O libro está escrito de xeito ameno, entretido, e engánchate. Queres seguir lendo e coñecer todo. Creo que é porque todo o que relata se refire a personas que coñeces polo que che da un novo punto de vista (desde dentro) dunha historia que cres coñecer.
(*) _________ O caso da USADA contra Lance Amstrong a día desta publicación O resumo de 200 páxinas do informe da USADA